Formación de profesor@s de ioga infantil, para bebés e embarazadas en Lugo

0 views
Skip to first unread message

IRENE SINEIRO

unread,
Jan 18, 2012, 1:33:30 PM1/18/12
to
Querid@s amig@s,
estou a organizar um curso de formação de professor@s de ioga infantil, bebés e embarazadas. Necessito juntar um grupo de 8-10 pessoas para que a profe se despraze. Por favor, passade-lhe a info a quem pensedes que lhe poda atraer e se a alguém lhe interesa que me escreva quanto antes para confirmar se se fai.

Bicos!



CURSO INTENSIVO DE 10 DÍAS NA SEMANA SANTA EN GALIZA
DO 31/MARZO AO 9/ABRIL (de 9:30 a 14:00 e de 16:00 A 20:00)

IMPARTIDO POR:
Liz Dávila (De Maviola: http://yogainfantilmaviola.sanatana-dharma.org/)
...
FINALIDADE DO CURSO I.I.B.E:
Formación de profesora de Ioga
Infantil, Bebés e Embarazadas. Cuxo enfoque é holístico
(global). Ioga significa unión, Ioga non é unha relixión, non é unha
ciencia: Iioga é un estado. A profesora-or que acceda a este curso, ofrecerá un proxecto educativo diferente á hora de traballar con nen@s, con nais e bebés, con embarazadas, para esto será necesario coñecer e recoñecer como funciona o corpo mental-emocional e físico do neno, do bebé e da nai xestante.

DESTINATARIOS DO CURSO:
Mulleres e homes de calquer ámbito social e cultural que queran traballar con nenos, bebés e embarazadas en centros docentes públicos e/ou privados de educación infantil, primaria e secundaria, en garderías e escolas infantiles, en centros deportivos (ximnasios) e/ou asociacións
deportivas e escolas de ioga, institucións xuveniles de tempo libre (campamentos e actividades de verán), centros de lecer e mulleres que traballan en centros de saúde públicos e privados (matronas, enfermeiras de pediatría e personal sanitario de calquer categoría que
traballe con nenos, bebés e/ou embarazadas). Y a calquer nai.
Este curso está dirixido á saúde do neno e da nai. Un segundo obxetivo é facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das mulleres, a través da formación en materias prácticas e teóricas, que principalmente van enfocadas á saúde mental.emocional.física de nenos, bebés e embarazadas.

MÓDULOS DO CURSO.
1º Módulo teórico:
MATERIAS:
a) ¿Qué é Ioga I.I.B.E? e ¿Por qué un curso de profesor@s
de Ioga dirixido á infancia, ao bebé e á muller embarazada?
* Importancia e necesidade da respiración voluntaria.
(Beneficios da respiración consciente no neno, na
nai xestante, no bebé, no profesor-monitor).
*Diferencias e semellanzas entre: ioga nenos, ioga post
natal(mamás e bebés) e ioga embarazadas?
b) Educación a través da educción (extracción de
coñecimentos) frente a educación a través da inducción
(inducir coñecimentos).
• Como desenvolver a intuición no neno, na nai e no profesor.
• Intelixencia emocional.
c) Fisioloxía e psicomotricidade das asanas, (posturas), estiramentos nos nenos, no bebé (masaxe-aloumiños), na embarazada.
Actitude e postura ante a vida: (asana) mental, emocional e física.
*Hixiene postural no corpo mental-emocional e físico. (Relaxación, visualizacións e meditación)
*Hixiene postural do neno no colexio, do bebé na cama (masaxe) e da muller embarazada no traballo e tras o parto.
*Cultivar a amabilidade nos 5 sentidos.
Vista: Ioga para os ollos
Tacto: O alimento dos aloumiños
Gusto: O pracer de saborear
Olfato: aromaterapia.
Oído: Musicoterapia.
d) Recíclate tú, e o medio ambiente protexerate.
As persoas que accedan a este curso de Ioga, aprenderán
a Reciclarse ELAS MESMAS (empezaremos polas súas propias
necesidades mentais.emocionais.fisicas).
“Somos parte indivisíbel e integrante dese medio ambiente. Non só temos que reciclar o papel, plástico e pilas, a reciclaxe debe darse
primeiro nas necesidades que transmitimos @s educadores e pais aos nenos, eles non inventan as necesidades, o adulto transporta súas
frustracións e “cálmaas temporalmente” con necesidades innecesarias que o neno-bebé asume como súas”.
*Pensamento positivo. El Secreto.
2º Módulo práctico:
Obradoiros útiles para comezar unha clase de Ioga I.I.B.E.
1º Obradoiro de Masaxe hindú santhala.
2º Obradoiro de Reflexoloxía podal infantil.
3º Obradoiro de músico-terapia no período xestacional e
post natal.
Mandalas e música durante a xestación. O poder do son
e a vibración.
4º Obradoiro de pintura de mandalas.
5º Obradoiro de clase de asanas:
¿cómo dar unha clase de ioga embarazadas: desde o primeiro mes?.
¿cómo dar unha clase de ioga post natal: mamás.bebés desde os primeiros días?.
¿cómo dar unha clase de ioga nenos nas súas diferentes etapas?:
ioga 1: Tandem mamás.bebés desde os 15 meses.
ioga 2: nenos sos desde os 3 aos 12 anos. ¿Comenza o
desapego?
ioga 3: adolescentes: a partir dos 13 anos. Ensinar a
gañar e perder.
Proba final para aprobar o curso:
@s alumn@s do curso, deberán facer un examen final, que consistirá en presentar apuntes do curso e dar unha clase de Ioga, requisito imprescindíbel para acceder á titulación de Profesor@ de Ioga I.I.B.E.
Ademáis presentarán un proxecto final.

A asociación Maviola unha vez finalizado o curso ofrecerá aos alumn@s un período de prácticas para posibilitar á alumna un número de horas que lle permita obter experiencia neste Curso e no mundo laboral-infantil.
*Durante todo o curso empezaremos todas as clases con relaxación e meditación e finalizaremos cunha clase de asanas e estiramentos.

PREZO:
830 eur, pagando a matrícula de 100 eur antes do 10 Febreiro DESCONTO DE 100 EUR, quedaría en 730 eur.

Mais información nos Tfnos:
983-100 184//625 02 94 96.
e no BLOG http://yogaliz.blogspot.com/ e a Web:
http://yogainfantilmaviola.sanatana-dharma.org/

Manuel Souto Pico

unread,
Jan 18, 2012, 1:40:54 PM1/18/12
to arra...@googlegroups.com
Ola Irene,

Conheces alguém que faga cursos de parto na água? 

Um abraço, Manuel


2012/1/18 IRENE SINEIRO <sire...@hotmail.com>
--
Recibiche esta mensaxe porque estás subscrita ao grupo "Arranhoá" de Google Groups.
Se quere publicar neste grupo, manda un correo electrónico a arra...@googlegroups.com
Para anular a subscrición a este grupo, envía unha mensaxe a arranhoa-u...@googlegroups.com
Para visualizar máis opcións, visita o grupo en http://groups.google.com/group/arranhoa

IRENE SINEIRO

unread,
Jan 18, 2012, 1:47:06 PM1/18/12
to arra...@googlegroups.com
Olá,
não entendo, alguém que faga preparação ao parto na água para grávidas?


From: m.sou...@gmail.com
Date: Wed, 18 Jan 2012 16:40:54 -0200
Subject: Re: [arranhoá] Formación de profesor@s de ioga infantil, para bebés e embarazadas en Lugo
To: arra...@googlegroups.com

Manuel Souto Pico

unread,
Jan 18, 2012, 1:49:58 PM1/18/12
to arra...@googlegroups.com
Isso!


2012/1/18 IRENE SINEIRO <sire...@hotmail.com>

IRENE SINEIRO

unread,
Jan 18, 2012, 2:06:38 PM1/18/12
to arra...@googlegroups.com
Em Barcelona está Marenostrum que fam partos naturais, não sei se também fam preparação, suponho que sim. Está ao pé do corte ingles de praça catalunya, curra alá Eva, uma amiga minha de ponte-vedra que pode ser que conheças.
Também em Titania (titania-tasco) que eu falara com elas quando a minha primeira gravidez mas não tenho referências.

A ver se che vale :)
Bicos!



From: m.sou...@gmail.com
Date: Wed, 18 Jan 2012 16:49:58 -0200

Manuel Souto Pico

unread,
Jan 18, 2012, 2:15:40 PM1/18/12
to arra...@googlegroups.com
Muitas graças, Irene!


2012/1/18 IRENE SINEIRO <sire...@hotmail.com>
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages