concentración 27

1 view
Skip to first unread message

xulia miron

unread,
Jun 21, 2013, 12:53:09 PM6/21/13
to apoi...@googlegroups.com
ola estou un pocuco despitada.

1- a plataforma SOS sanidade ten convocada varias concentracións para o 27 en diferentes cidades, non?
2- que a plataforma do Cop se suma a esa convocatoria?.
3- que se van a leer varios manifestos?
    3.1. SOS sanidade.
     3.2. COP, algunha traballadora
     3.3. outro que non lembro.

esto é así o non?

e que manifesto se vai leer do COP, o que esta firmado polas organizacións?

disculpar pero con tantos correios non sei, e como se esta a falar da lei nova?

podeis explicar isto.

xulia

Ramón Veras Castro

unread,
Jun 21, 2013, 1:14:56 PM6/21/13
to Apoios COF
Si,

Na reunión que houbo de SOS e COF en Santiago acordárase incorporar dentro dos obxectivos da Plataforma SOS as reivindicacións do dereito á saúde sexual e reprodutiva e a necesidade de ter unha estrutura asistencial que permitise exercer estes dereitos, incluíndo uns COF ben dimensionados e homoxéneos en toda Galiza,
Tamén se acordou participar como SOS na Plataforma do dereito ao aborto e estar dispoñibles para o que fose necesario.

Dentro da axenda de mobilizacións estaban 3 asuntos, por así dicilo:

- Saúde sexual e reprodutiva, que na Coruña xa fixemos varias mobilizacións co COF como elemento central.
- Aborto, que se pode incluír no anterior.
- Lei de Garantías, que se está tramitando no Parlamento neste momento e que precisamente o día 26 vanse tratar as emendas á totalidade. En relación con esta lei xa se acordara con anterioridade facer unha concentración/manifestación/o formato que se quixese en cada comarca o día 27.

As mobilizacións do día 27 estaban destinadas a denunciar a privatización da lei de garantías, a algún tema local que houbese (por exemplo en Vigo van dirixila fundamentalmente no novo hospital) e, despois dos últimos acordos e reunións, tamén se deberían incluír COF e, se se quere, aborto.

Esta é a explicación. Os temas están relacionados, participamos os mesmos grupos, xullo está aí e non resulta doado facer mobilizacións exclusivas cada dous por tres. Deste modo podemos facer unha mobilización máis forte, agrupando forzas e facendo máis visibles todos estes puntos.

Hai algunha zona onde tamén se falará de drogodependencias porque están eliminando puntos de atención pero non é o caso de A Coruña e creo que aquí será mellor deixalo por agora.

Saúdos
Moncho


2013/6/21 xulia miron <xulia...@gmail.com>

--
Recebeu esta mensagem porque está inscrito no grupo "ApoiosCOF" dos Grupos do Google.
 
Para anular a subscrição deste grupo e parar de receber emails deste grupo, envie um email para apoioscof+...@googlegroups.com.
Para mais opções, consulte https://groups.google.com/groups/opt_out.
 
 

xulia miron

unread,
Jun 22, 2013, 6:10:42 AM6/22/13
to apoi...@googlegroups.com
grazas pola información.
xulia


2013/6/21 Ramón Veras Castro <rve...@gmail.com>
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages