Información da vindeira movilización

0 views
Skip to first unread message

Chus Diaz

unread,
Sep 12, 2013, 5:39:11 AM9/12/13
to apoi...@googlegroups.com
Hola a tod@s:
Despois das vacacións de verán retomamos as accións en defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos.
 
O primeiro informarvos que o SERGAS xa puxo data para a unificación dos dous Centros de Planiicación que según eles farase o 1 de abril do 2014
 
Por outra banda xa sabedes que Gallardón volve a carga coa reforma da lei do aborto.
 
Ante todo isto, a nosa proposta é que a plataforma de apoio aos COF participe activamente coa plataforma polo derito a decidir, uníndose ás accións da mesma e ir valorando se facemos máis adiante algunha acción específica.
A próxima movilización é facer unha manifestación nacional o  28 de setembro, ás 17:30h na cidade de Compostela (co mesmo percorrido ca a anterior). De cara á difusión da mesma, na Coruña acórdase convocar unha Marcha silenciosa para o día 25 de setembro ás 19:30h. O acto consistirá en: saíndo desde o Palacio de Xustiza, iremos camiñando en ringleira (portando piruletas, carteis e o diverso material que se fixera para o pasarrúas) e amordazadas con tea negra até chegar ao Obelisco. Unha vez alí, comezaremos a dar voltas arredor do monumento mentres un par de compañeiras reparten material convocando para a manifestación nacional . Pasados dez minutos pararemos, quitando unha a unha a mordaza e dicindo unha consigna cada unha por medio dun megáfono que nos iremos pasando unhas ás outras. Nese mesmo espazo, fronte á ONCE, haberá un lazo de tea lila, arredor do cal nos poremos unha vez nos vaiamos “liberando” da mordaza.
Sería bó saber cantas mulleres apúntanse a ir coa mordaza na marcha silenciosa. Está programada unha xuntanza  o mércores 18 de setembro, ás 17:30h nalgunha sala que poida deixarnos a CIG, tendo como obxectivo xuntarmos o material que fora elaborado para o pasarrúas e ver así se é suficiente para a acción do día 25.
 
Pensando a medio prazo, propoñemos facer charlas nas facultades para informar sobre a unificación dos COF da Coruña (prevista para o 1 de abril) e outros temas relacionados cos recortes nos servizos públicos e no ataque á nosa saúde sexual e reprodutiva que supoñen. Para isto contactarase coa plataforma UDC en loita, integrada por diversos sindicatos estudantís e demais persoas da comunidade universitaria. Esta idea foi xa comentada coa plataforma polo dereito a decidir e temos o seu apoio e colaboración.
 
 Esperamos as vosas achegas!!!
 
Saúdos e forza para seguir coa loita! *;) guiñando
 
Chus
 
 

Mariola Mourelo

unread,
Sep 13, 2013, 5:45:40 AM9/13/13
to apoi...@googlegroups.com
Ola Chus,
obrigada pola info. Eu agora estou fóra da Galiza mais passo info as compas.

saudinhos

 
Mariola Mourelo

 

"O mundo muda com o teu exemplo, nom com a tua opiniom".
Anônimo


From: Chus Diaz <chus...@yahoo.es>
To: "apoi...@googlegroups.com" <apoi...@googlegroups.com>
Sent: Thursday, 12 September 2013, 10:39
Subject: {ApoiosCOF} Información da vindeira movilización

--
Recebeu esta mensagem porque está inscrito no grupo "ApoiosCOF" dos Grupos do Google.
 
Para anular a subscrição deste grupo e parar de receber emails deste grupo, envie um email para apoioscof+...@googlegroups.com.
Para mais opções, consulte https://groups.google.com/groups/opt_out.


Mariola Mourelo

unread,
Sep 21, 2013, 7:08:58 PM9/21/13
to apoi...@googlegroups.com
Olá caras,
há info concreta sobre esta acçom para publicitá-la?


saudinhos

 
Mariola Mourelo

 

"O mundo muda com o teu exemplo, nom com a tua opiniom".
Anônimo


From: Mariola Mourelo <mmga...@yahoo.com>
To: "apoi...@googlegroups.com" <apoi...@googlegroups.com>
Sent: Friday, 13 September 2013, 11:45
Subject: Re: {ApoiosCOF} Información da vindeira movilización
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages