Planeamento Familiar

1 view
Skip to first unread message

MA.Jesus....@sergas.es

unread,
May 12, 2014, 3:49:55 AM5/12/14
to apoi...@googlegroups.com

 

O motivo deste correo é informar a todos os colectivos e organizacións que compoñen a Plataforma de apoio aos COF da situación actual dos mesmos.

Ø  Dende o 1 de abril deste ano, a consulta xinecolóxica do COF de Orillamar ten que atender a todas as usuarias do outro centro que precisen atención xinecolóxica, xa que non só non cubriron a praza de xinecoloxía do COF do Ventorrillo, senón que suprimiron a consulta semanal, que habilitaran no materno para atender ás usuarias dese centro.

Ø A dirección de asistencia sanitaria da xerencia integrada decidiu suprimir  as revisións xinecolóxicas que viñamos facendo cada tres anos, co cal as mulleres de toda a area sanitaria quedan sen unha prestación que ata agora estaba incluída na carteira de servizos do SERGAS.

Ø Por outra banda a nova responsable dos COF desta area sanitaria, polo de agora, xa non pretende unificar aos dous centros nun mesmo espazo físico, coma quería facer a anterior responsable.

Os equipos de ambos os dous COF seguimos coa idea de apoiar todas as accións que a Plataforma considere oportunas facer, de cara a defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres da nosa area sanitaria.

 

Un saúdo.

Os equipos dos COF da area sanitaria da Coruña

 




Nota: A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea. A distribución ou copia desta mensaxe non está autorizada.

Nota: La información contenida en este mensaje y sus posibles documentos adjuntos es privada y confidencial y está dirigida únicamente a su destinatario/a. Si usted no es el/la destinatario/a original de este mensaje, por favor elimínelo. La distribución o copia de este mensaje no está autorizada.

See more languages: http://www.sergas.es/aviso_confidencialidad.htm

Gloria.Doc...@sergas.es

unread,
May 15, 2014, 3:24:23 AM5/15/14
to apoi...@googlegroups.com

Muy bien .

 

BICOS

--
Recebeu esta mensagem porque subscreveu ao grupo "ApoiosCOF" do Grupos do Google.
Para anular a subscrição deste grupo e parar de receber emails do mesmo, envie um email para apoioscof+...@googlegroups.com.
Para mais opções, visite https://groups.google.com/d/optout.

rizlinha

unread,
May 15, 2014, 4:21:29 AM5/15/14
to apoi...@googlegroups.com
Ola a todas e todos, como vexo que non hai respostas ante unha situación como a que se está a das nos COF, que é gravísima, informo de que xa levamos a proposta de asumir accións de apoio aos COF desde a plataforma polo dereito ao aborto da coruña (e levaremos tamén á nacional). Se algunha de vos (como organización ou individualmente) queredes formar aprte dela non tedes mais que contactarnos.
unha aperta

PD: vou manter este grupo activo durante un tempo por se alguén todavía quere reactivar a plataforma ou plantexar algunha outra proposta e, senon, procederei a dalo de baixa.

--
@rizlinha, linda, livre e loca


POR FAVOR, SE VAS ENCAMIÑAR ESTE CORREO:
1.- Borra o enderezo remetente, así como calquer outro que apareza no corpo da mensaxe.

2.- Protexe os enderezos destinatarios colocandoos no campo CCO (Con Copia Oculta ).

Victoria Louro

unread,
May 15, 2014, 5:50:03 AM5/15/14
to apoi...@googlegroups.com
eu quero! (BNG)

 
"As mulleres e os homes vemos o mesmo, pero miramos de forma distinta" (Virxinia Woolf)

Mariola Mourelo

unread,
May 16, 2014, 4:22:27 AM5/16/14
to apoi...@googlegroups.com
Pois pessoalmente parece-me estupendo, nom vejo melhor opçom que a de ser acolhido pola plataforma se vos sentides com força. Todas concordamos em que este é um tema mui importante e precisa de atençom e seguimento. 
Pola minha banda estarei atenta ás convocatórias para participar na medida do possível e dar-lhes divulgaçom.
Enquanto ao de fechar esta via de comunicaçom, nom o sei Roci, porque sei que é mui de tanto em quanto que se envia algo por ela, mas deste tema para mim é a única onde me consigo enterar de algo. Eu preferia que se mantivera, polo menos de momento.

Um saúdo forte e feminista.
 

 
Mariola Mourelo

 

"O mundo muda com o teu exemplo, nom com a tua opiniom".
Anônimo

ANA ISABEL PEREZ SIMAL

unread,
May 16, 2014, 7:06:38 AM5/16/14
to apoi...@googlegroups.com
Ola, por parte de CCOO por suposto  seguimos na defensa dos COF, como símbolo non solo da defensa frente o deterioro da sanidade pública, senón tamén pola parte que nos toca como mulleres con dereitos, longamente pelexados.

Xa dende as primeiras xuntanzas da Plataforma Nacional polo dereito ao aborto, falamos da importancia de manter os COF, e seguro que seguirá sendo unha reivindicación asumida polo conxunto das organizacions que compoñemos a Plataforma.

Na vindeira xunta nacional comentaremos a situación que nos describe Chus no seu mail, e o falamos.

Bicos e apertas a todas

Mabel

Lola Ferreiro Diaz

unread,
May 20, 2014, 7:21:10 AM5/20/14
to apoi...@googlegroups.com
A min paréceme xenial. Non hai necesidade (e mesmo pode restar enerxías) ter dúas plataformas con contidos practicamente comúns, que eu sitúo no dereito a decidir.
Roci, a min si que me gustaría continuar informada, así que, se fas o favor, anótame na outra (eu só estaba na dos COF)
Bicasos lilás para todas
Lola 

moni...@telefonica.net

unread,
May 23, 2014, 10:08:18 AM5/23/14
to apoi...@googlegroups.com
quixera seguir formando parte.
graciñas

El Jueves 15 de Mayo de 2014 10:22, rizlinha <rizl...@gmail.com>
>>> escribió:
>>> Ola a todas e todos, como vexo que non hai respostas ante unha
>>> situación como a que se está a das nos COF, que é gravísima, informo
>de que
>>> xa levamos a proposta de asumir accións de apoio aos COF desde a
>plataforma
>>> polo dereito ao aborto da coruña (e levaremos tamén á nacional). Se
>algunha
>>> de vos (como organización ou individualmente) queredes formar aprte
>dela
>>> non tedes mais que contactarnos.
>>> unha aperta
>>>
>>> PD: vou manter este grupo activo durante un tempo por se alguén
>todavía
>>> quere reactivar a plataforma ou plantexar algunha outra proposta e,
>senon,
>>> procederei a dalo de baixa.

--
Enviado desde mi teléfono con K-9 Mail.

Silvia Seixas

unread,
May 24, 2014, 6:14:33 AM5/24/14
to apoi...@googlegroups.com
boas,

Eu penso que habería que pensar nalgunha acción de protesta.....a semana próxima podemos ir pensando algo porque non iremos calar agora?

Iria Zas Rei

unread,
May 25, 2014, 12:53:11 PM5/25/14
to apoi...@googlegroups.com
Eu sim, ando interesada. E pra semana podo subir qualquer dia pra botar umha man a artelhar alghumha acçom.
Bicos!


Date: Sat, 24 May 2014 12:14:31 +0200
Subject: Re: {ApoiosCOF} RE: Planeamento Familiar
From: silvia...@gmail.com
To: apoi...@googlegroups.com
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages