O pasado día 6 de abril, a vogal de bibliotecas da xunta directiva de ANABAD - Galicia, Consuelo Meiriño Sánchez, presentou a súa dimisión, a causa da dedicación que lle esixe o seu posto de Xefa de servizo de Bibliotecas Públicas da Xunta de Galicia, que lle impide atender ás súas obrigas coa a sociación como ela quere facelo.
Esta xunta directiva lamenta a perda, posto que Consuelo foi unha traballadora entusiasta e incansable, á que lle debemos agradecemento e recoñecemento, pero non pode menos que entender as razóns esgrimidas. Desde aquí queremos felicitala pola xestión realizada, manifestar que esperamos seguir contando con ela en canto que socia de ANABAD-Galicia, e desexarlle os maiores éxitos no seu traballo.
Comunicamos, polo tanto aos socios, que a xunta directiva funcionará, a partir de agora, cun membro menos.
Un saúdo
Lola Pereira
Presidenta de Anabad-Galicia