Dentro das XII Xornadas de FESABID, tivo lugar unha das dúas asembleas anuais de FESABID na que se trataronse os seguintes temas:
1. Aprobación da Memoria 2010. Inclúe a memoria de actividades e o balance económico 2010
3. Ratificación da Proposta de actividades 2011.
4. Presentación e aprobación da Proposta do Orzamento de ingresos e gastos para o exercicio 2011.
4. Aprobación da sede das futuras Xornadas que será Toledo pois foi a única candidatura presentada.
Ao finalizar a Asemblea, organizouse unha reunión na que se recolleron ideas de cada unha das Asociacións para definir, consensuadamente, as liñas de actuación para os próximos anos, de forma que permitan traballar cunha perspectiva de futuro. Como a reunión se formulou como unha tormenta de ideas, xurdiron moitas e deslabazadas. A Presidenta e a Xerente comprometéronse a darlles unha estrutura e envíalas ás asociacións para a súa posterior aprobación (tan pronto como recibamos o documento difundirémolo entre os socios).
Isabel Blanco Pardo
Vicepresidenta de ANABAD-Galicia