From: zo...@amesanl.org
To:
Subject: Convocatoria de Asemblea da Mesa pola Normalización da Coruña
Date: Mon, 8 Oct 2007 14:33:22 +0200
Prezadas/os compañeiras/os:
Por encargo de María Traba Pérez, Responsábel de Zona da Mesa na Coruña, convócasevos para a Asemblea de Zona da Mesa que terá lugar esta próxima quinta-feira (xoves) 11 de outubro ás 20 horas na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa dos Olmos, 16-18, 1º, A Coruña).
A Orde de Traballos da xuntanza será a seguinte:
1. Avaliación da situación organizativa da Mesa na Zona.
2. Actividades para os próximos meses.
3. Varios
Agardando poder contar coa túa activa participación nesta importante asemblea, recibe unha cordial aperta
Francisco Xosé Rei García
Coordenador de Zonas