Ola compañeiras/os,
Quixera primeiro de todo desculparme por non ter dado sinais de vida en todo este tempo a respecto de todo canto falamos na última xuntanza da Mesa que tivemos na zona da Coruña, especialmente no referente á campaña de fotodenuncia que acordáramos facer e mais ao acto que falábamos de facer para mañá mesmo no Obelisco. Como ben vistes e vedes, non volvimos falar do tema e nin sequera chegamos a ter esa outra reunión que dixéramos de ter previamente ao acto da localidade para afondar na súa organización.
A razón fundamental (se cadra, non a única) é que, como ben sabedes todos, o meu traballo na Permanente da Mesa implica ter que andar indo polo país adiante con frecuencia, e máis aínda nestas datas, previas a unha mobilización nacional. Tocoume a min desta volta coordenar boa parte da organización dos autobuses, distribución do material nas zonas e demais. Para alén diso, tocoume tamén xestionar dalgunha maneira o atendimento a aquelas zonas esmorecidas que están a aproveitar estas datas para reactivarse. Por todo isto, atender ao memso tempo a organización dun acto propio da Mesa na Coruña fíxoseme material e humanamente imposíbel.
Con todo, si que me esforcei para que A Coruña non quedase sen acto previo para difundir a manifestación do domingo. Para varias zonas do país que querían facer actividades previas de difusión -animación na rúa contactamos cos Festicultores, unha das "charangas" máis importantes que agora mesmo hai de música de noso, e contratouse con eles varias actuacións.
Concretamente, na Coruña terá lugar mañá á tarde unha desas actuacións: vai ser un pasarrúas lúdico-musical polas rúas do centro a cargo da compañía de "cabaré ambulante" Femme Fatale que comezará ás 19.30 no Obelisco e percorrerá o seguinte itinerario: Rúa Ral, Rego da Auga, Praza de María Pita, Rúa da Franxa, Rúa Bailén, Rúa da Galera, Rúa dos Olmos, Rúa da Estrela, Santa Catarina e, de novo, volta ao Obelisco polo Cantón Grande, onde se porá fin á actividade.
A idea do pasarrúas, do que xa se vai encargar esta compañía, é ir canda estes compañeiros distribuindo materiais de difusión da manifestación (folletos, piruletas, autocolantes), co que se require, cando menos, un grupo de persoas que poida estar acompañando o pasarrúas: coido que para que o acto non ficase demasiado deslucido sería bo contarmos cun grupo dunhas 10-15 persoas, se for posíbel.
Hoxe á tarde vou estar en Vigo; máis tarde en Moaña; mañá de mañá estarei en Vigo de novo. Por tanto, non poderei mirar o correo. As persoas que poidades asistir, por favor, poñédevos en contacto comigo no meu teléfono (679 721 687) ou no meu da Mesa (609 861 682).
Aproveito para vos dar as grazas adiantadas pola vosa colaboración.
Unha forte aperta,
Fran
(Aproveito para vos lembrar que cómpre anotarse previamente para ir nos autobuses que saen da Coruña para a mani do domingo: hai que chamar ao local da Agrupación Alexandre Bóveda a máis tardar mañá á tarde. O teléfono é 981 200 869). Os buses saen o domingo ás 10.30 da Praza da Palloza (xunto á antiga fábrica de tabacos).
Sigue los principales acontecimientos deportivos en directo.
MSN Motor