FW: Cortexo de honra a Curros Enríquez

1 view
Skip to first unread message

Francisco Xosé Rei García

unread,
Apr 2, 2008, 5:45:58 AM4/2/08
to amesa_a...@googlegroups.com
Compañeiras/os,
 
Reenvíovos información do cortexo cívico que a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña organiza para este próximo sábado 5 de abril en conmemoración do centenario do pasamento do noso poeta nacional Manuel Curros Enríquez na nosa cidade.
 
Agradécese que reenviedes esta información a todos os vosos contactos.
 
Recibide unha moi cordial aperta,
 
Fran
 




 

From: ac...@mundo-r.com
To: rcat...@mundo-r.com
Subject: Cortexo de honra a Curros Enríquez
Date: Tue, 1 Apr 2008 17:03:22 +0200

[]Sábado 5 de abril de 2008 ás 17:30 h.

Cortexo de honra a Curros Enríquez

De San Amaro aos Xardíns de Méndez Núñez

Acto organizado polo Concello da Coruña e a Real Academia Galega

Actuación das corais: Follas Novas, Cántigas da Terra, El Eco, Toxos e Frores

[][]

 



Sigue de cerca las últimas tendencias y lo que más rompe MSN Vídeo
image001.jpg
image002.jpg
image003.jpg

Ermitas Valéncia Romar

unread,
Apr 2, 2008, 7:37:57 AM4/2/08
to amesa_a...@googlegroups.com
 

Estimado/a amigo/a

 

O sábado, 5 de abril, ás 12 h, no Paraninfo da Universidade da Coruña (rúa Maestranza 9), terá lugar a conferencia de Leila Khaled, membro da Fronte Popular de Liberación de Palestina e emblema da loita do seu pobo, sobre a situación do seu país. Este acto organízao Galiza por Palestina e colabora a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, xunto á Universidade da Coruña e a Deputación.

 

O martes, 8 de abril, ás 20 h, no Quiosco Alfonso, a Asociación de Arxentinos no Exterior e a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística organizan unha conferencia con Nilda Emma Eloy, da Asociación de Exdetidos e Desaparecidos de Arxentina, que falará sobre “Xuízos contra os xenocidas na Arxentina, a loita contra a impunidade”.

 

Gostaríanos contar coa vosa presenza. Un saúdo.

 

Ermitas Valencia Romar

Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística



 

 


Notícias direto do New York Times, gols do Lance, videocassetadas e muitos outros vídeos no MSN Videos! Confira já!

Ermitas Valéncia Romar

unread,
Apr 6, 2008, 5:52:00 AM4/6/08
to amesa_a...@googlegroups.com


Nilda Eloy ofrecerá unha conferencia o martes 8 de abril ás 20.00h no Kiosco Alfonso

“Os xuizos contra os xenocidas na Arxentiña, a loita contra a impunidade”

A Asociación de Arxentinos no Exterior e a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística organizan ás 8 da tarde do próximo martes  8 no Kiosco Alfonso da Coruña,  a conferencia de Nilda Eloy, membro da Asociación de Ex Detenidos-Desaparecidos (AEDD) da Arxentina. O tema será Os xuízos contra os Xenocidas na Arxentina, a loita contra a impunidade.

Nilda Emma Eloy foi secuestrada o 1 de outubro de 1976 en La Plata. Permaneceu "desaparecida" 11 meses en 6 centros clandestinos de detención. A partir de agosto do 1977, foi posta a disposición do Poder Executivo Nacional (Xunta Militar), sendo recluída no cárcere de Vila Devoto ata a súa liberación no 1979.

É integrante da Asociación de Ex Detidos Desaparecidos (AEDD), dende a que colabora na confección dos chamados T.R.D -Traballos de Recompilación de Datos- de cada centro clandestino, nos que, baseándose na análise dos testemuños dos sobreviventes, se conforman os listados das vítimas e represores.

Prestou testemuño nos Xuízos pola Verdade e en distintas causas penais. Foi querelante e testemuña no xuízo contra Miguel Etchecolatz, na sentenza na que se recoñece por primeira vez o xenocidio acontecido na Arxentina.

 

Agardando poder contar coa túa presenza, recibe un cordial saúdo.

 

Concellaría de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística.



Instale a Barra de Ferramentas com Desktop Search e ganhe EMOTICONS para o Messenger! É GRÁTIS!
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages