Estimado/a amigo/a
O martes, 13 de maio, ás 20 h, na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras 12), inauguraremos a exposición A Europa das Linguas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Esta actividade está encadrada dentro das actividades do mes de maio que co gallo do Día das Letras programou a Concellaría de Normalización Lingüística. Contaremos, ademais, para este momento, cuns monólogos de Pedro Brandariz e Isabel Rico.
Así mesmo achegámoslle a programación que para todo o mes de maio temos previsto desenvolver para celebrar o 17 de maio día das Letras galegas.
Esperando poder saudalo/a persoalmente.
Receba un cordial saúdo.
Ermitas Valencia Romar
_________________________________________________________________
Conheça o Windows Live Spaces, a rede de relacionamentos do Messenger!
http://www.amigosdomessenger.com.br/