Asemblea da Mesa pola NL zona da Coruña este 6 de febreiro

0 views
Skip to first unread message

Francisco Xosé Rei García

unread,
Feb 3, 2009, 9:05:02 PM2/3/09
to amesa_a...@googlegroups.com

Ola compañeiras/os,

Aínda que iredes recibindo tamén a convocatoria formal por outros medios nestes días, convócovos a unha Asemblea de socias e socios da Mesa da Zona da Coruña para esta vindeira sexta feira (venres) 6 de febreiro, ás oito do serán, na biblioteca da AAVV de Monte Alto (Campo de Marte, a carón da Rúa da Torre e do CEIP Curros Henríquez). A Agrupación Alexandre Bóveda non ten estes días o seu local moi dispoñíbel por mor das súas actividades propias e a AAVV de Monte Alto é socia colaboradora da Mesa xa de vello.

Na ReMesa Electrónica que recibiríades a finais da pasada semana viña que esta asemblea tería lugar este día 5 (quinta feira), porén finalmente será un día máis tarde.

Adiántovos a orde de traballos que tería a asemblea:

1.- Informacións da actividade nacional da organización de interese para as/os socias/os.

2.- Información sobre as campañas postas en andamento en colaboración co Concello da Coruña e cos Concellos de Arteixo e Sada.

3.- Debate sobre a situación organizativa da Mesa na zona da Coruña e propostas de actuación.

4.- Desenvolvemento da campaña de difusión do servizo A Liña do Galego.

5.- Varios.

Se queredes tratar a maiores algunha outra cuestión que vos pareza de interese ou trasladardes algunha iniciativa ou proposta concreta, poñédevos en contacto comigo ou traédea directamente á asemblea.

Grazas pola vosa atención. Unha aperta,

Fran


Actualízate, descubre el nuevo Windows Live Messenger. ¡Descárgatelo ya!

void *br

unread,
Feb 4, 2009, 3:27:18 AM2/4/09
to amesa_a...@googlegroups.com
Boas; eu sinto, pero non vou poder acudir; teño moito chollo estos
días (exames etc)

Un saudo.

--
Brais Arias Rio
============
braisarias.com
gaveto.org

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages