Ciclo Cinema para nenos/as

0 views
Skip to first unread message

Ermitas Valéncia Romar

unread,
Dec 30, 2008, 7:50:10 AM12/30/08
to Grupo A mesa


A partir do 10 de xaneiro todos os sábados ás 18.00h sesión de cine no Macuf
 
A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística organiza no primeiro trimestre de 2009 e en colaboración co Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa e a CRTVG, un ciclo de cine dirixido aos máis pequenos da casa.
 
Todos os sábados de xaneiro, febreiro e marzo, a partir das 18 horas, proxectarase unha película de temática infantil na sede do MACUF da Coruña. A concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, sinalou que a actividade ten por obxectivo ofrecer unha alternativa de lecer para as familias durante as fins de semana.
A edil explicou que a concellaría trata así de dar resposta a unha demanda reiterada dende as familias e os colectivos de ensino. "Intentamos ofrecer unha programación que incorpore títulos máis tradicionais, como Astérix ou Tintín, con outros de nova creación como As Super Nenas".
Adxuntamos cartaz e diptíco con toda a programación. Un saúdo e Feliz 2009
 



Veja mapas e encontre as melhores rotas para fugir do trânsito com o Live Search Maps! Experimente já!
cartaz a3.pdf
pelis nenos3.pdf
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages