A Concellaría de mocidade da Coruña organiza -ca colaboración do movemento asociativo cultural e xuvenil da cidade- unha serie de actividades para a xuventude os venres e sábados, en horario de tarde e noite.
Noitenova tenta ser unha oportunidade de lecer creativo e participativo cunha programación lúdica, cultural, deportiva .... ,a partir dos centros de interese da mocidade.As actividades desenvólvense en distintos espazos urbanos, equipamentos municipais e instalacións de entidades colaboradoras. A continuación podes botarlle unha ollada á programación.
Todos os talleres desenvolvense en galego. De non ser así non dubides en informarnos.
PD: Tendes que disculpar, pois hai partes da web do CMIX que non poden ser modificadas e aínda están en español. No mes de maio-xuño inaguraremos a nova páxina de información xuvenil que se vai chamar NEX mellorada e integramente en galego.
Instale a Barra de Ferramentas com Desktop Search e ganhe EMOTICONS para o Messenger!
É GRÁTIS!