Obradoiros de Rap-Regueifa

0 views
Skip to first unread message

Ermitas Valéncia Romar

unread,
Oct 7, 2008, 8:03:40 AM10/7/08
to amesa_a...@googlegroups.com
OBRADOIRO RAP-REGUEIFA

Obradoiros gratuítos de perfeccionamiento da túa técnica de composición vogal
Do 11 de outubro ao 22 de novembro.


Con Serxio García (dios ke te crew), Pinto DHerbón, Luis "O Caruncho"

Datas : Sábados: 11, 18 e 25 de outubro, 8, 15 e 22 de novembro

Horario: 12:00 a 14:00 h

Prazas limitadas: 25

Idade: de 14 a 20 anos

Inscricións:

Centro Municipal de Información Xuvenil

Forum Metropolitano - Parque Europa - Tel: 981 184 264

Lugar

ACAB (Asociación Cultural Alexandre Bóveda)

R/ Olmos, 16-18. 1º
 
Máis Información: http://www.coruna.es/cmix/
 
 


Notícias direto do New York Times, gols do Lance, videocassetadas e muitos outros vídeos no MSN Videos! Confira já!

Ermitas Valéncia Romar

unread,
Oct 13, 2008, 8:02:46 AM10/13/08
to amesa_a...@googlegroups.com
Bo día,

Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña temos prevista a Charla-Coloquio: "A educación: un compromiso desde o presente cara o futuro", na que falará Mercedes Queixas Zas, coordinadora das equipas de normalización e dinamización lingüística da provincia da Coruña. Esta charla forma parte do desenvolvemento da campaña do Decreto 124/2007, que regula o uso e promoción da lingua galega no sistema educativo que, baixo o lema "Europa é plurilingüe. Quen sabe Galego, sabe máis", intenta achegar información obxectiva sobre que efectos ten a nova regulación no sistema educativo, así como presentar outros modelos educativos similares no mundo.
 
Día: xoves 23 de outubro
Hora: ás 18.30 h
Lugar: salón de actos do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta)
r. Zalaeta, s/n
15002 A Coruña

Vai haber servizo de canguros para nenos/as.

Solicítovos que, se for posible, nos axudedes a difundirmos esta información.

 

Graciñas e un saúdo,

 
Ermitas Valencia
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages