Date: Mon, 28 Apr 2008 12:17:33 -0300
From: pere...@yahoo.com.br
Subject: actividade
To: xico_d...@hotmail.com
Olá Fran,O outro día estiven a falar do acto programado pola MESA para o Día das Letras cunha amiga que traballa co BNG no Concello, e pregunteille que se podía facer para argallalo. Ela recomendou falar directamente con Ermitas e solicitarlle axuda, tanto para obter o material necesario como para os cartos que puidesen facer falla. En principio o BNG ten a carpa e tamén un xenerador portátil (funciona con gasolina) que fornecería a electricidade necesaria.A proxección das imaxes pódese facer a través dun DVD e dunha televisión (o BNG ten unha, mais non é de tamaño moi grande). Ou ben por medio dun computador, pero para iso precísase ademais conseguir un proxector (alugalo é unha posibilidade).O máis urxente sería presentar un papel no rexistro do Concello especificando o tipo de acto, organizadores, lugar, hora, duración... e solicitar permiso para instalar unha carpa co seu correspondente punto de luz (supoño que haberá que especificar tamén cales son as características da carpa).Por outra banda non sei se o Obelisco estará dispoñíbel para entón, xa que veñen de instalar alí unha exposición sobre Curros Enríquez, e descoñezo até cando estará. Tamén seica a Concellaría de Lingua e Xuventude ten previsto organizar algún acto para o Día das Letras. Quizais era ben enterarse en que consistirá e onde vai ser, con vistas a que participase A MESA como posíbel alternativa ao do Obelisco.Sexa como for, cumpriría falar axiña con Ermitas. Poderías ti solicitar unha "audiencia" con ela?Un saúdoFERNANDO
Abra sua conta no Yahoo! Mail, o único sem limite de espaço para armazenamento!
· Martes 6 de maio
12.00 h Xardíns de Méndez Núñez
Actuacións: Touriñán e Marcos Pereiro (Os dous de sempre), Grupo Chévere e grupo gañador do concurso A Mocidade coa Nosa Lingua
Entrega do Premio de Pancartas “A Coruña Móvese co Galego”
20.30 h salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB)
“Xosé Álvarez Blázquez na súa canle secreta”, a cargo de Henrique Rabunhal
Organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda
· Xoves 8 de maio
20.30 h salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
“Os prexuízos lingüísticos”, a cargo de Xosé Ramón Feixeiro
Organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda
· Luns 12 de maio
19.30 h Sala Marilyn do Fórum Metropolitano
Documental Crónicas da represión Lingüística e coloquio ao remate da proxección a cargo de Xosé Luís Axeitos
20.00 h Teatro Rosalía de Castro
Na fronte unha estrela, a cargo de Antón de Santiago
· Martes 13 de maio
20.00 h Casa Casares Quiroga (Panadeiras, 12)
Monólogos a cargo Pedro Brandariz e Isabel Rico
· Mércores 14 de maio
12.00 h No monumento a Manuel Curros Enríquez
Organizada pola Asociación Cultural O Facho
20.00 h Fundación Caixa Galicia
Conferencia “Xosé Álvarez Blázquez”, a cargo de Celso Álvarez Cáccamo
Organizada pola Asociación Cultural O Facho
Concerto das Letras
20.00 h Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña (campus da Zapateira)
· Xoves 15 de maio
20.00 h Casa Casares Quiroga (Panadeiras, 12)
20.30 h Teatro Rosalía
“As cantareiras de Ardebullo”, a cargo de Touriñán e Marcos Pereiro (Os dous de Sempre)
“Coplas para Icía”, de Xabier Díaz
Organizada pola Deputación da Coruña
· Sábado 17 de maio
Trofeo Percebiño. Categorías sub 14 e sub 18
Inscrición en Vazva (avda. Pedro Barrié de la Maza)
11.30 h praza de María Pita
Festa da cultura que percorrerá as rúas da Cidade Vella.
Organizado pola AA.VV. Cidade Vella
Xantar popular
14.30 h praza da Fariña (Azcárraga)
Hai que reservar previamente no 617 928 737.
Organizado pola AA.VV. Cidade Vella
Festexando 365 días de vivirmos en galego
Parque de Santa Margarida
17:00 h Torneo de Chave Día das Letras
Equipos participantes: Santa Margarida, Piñedo, Borroa e Berciama
18:00 h Anfiteatro do Parque de Santa Margarida
Torneo de Billarda Día das Letras
CONCERTO
20:00 h Pablo Díaz
20:40 h Chámalle Xis!
21:15 h Loretta Martin
22:45 h Transilvanians
00:10 h Skárnio
Tamén actuarán os regueifeiros "O xordo e o caco" (Benito Lobariños e Josiño da Teixeira).
20.00 h Club do Mar de Santo Amaro
Actuarán a Coral da Parroquia de Sigrás e a Coral do Club do Mar.
Organizado polo Club do Mar
· Domingo 18 de maio
10.30 h Praza da Palloza
Viaxe a Compostela para participar nos actos “Polo dereito a vivirmos en galego”
Gratuíta, mais hai que reservar no 981 200 869 ou en am...@amesanl.org
Organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística
19.00 h Teatro Rosalía de Castro
Recital de poemas de Manuel Curros Enríquez a cargo do alumnado dos centros de ensino
· Luns 19 de maio
19.30 h Sala Marilyn do Fórum Metropolitano
Documental Fronteiras e coloquio ao remate da proxección a cargo de Rubén Pardiñas e Carlos Varela Aenlle
· Martes 20 de maio
20.30 h salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB)
“O decálogo do galego”, a cargo de María do Pilar García Negro
Organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda
· Xoves 22 de maio
20.00 h sala de cultura do Sporting Club Casino (Real, 83)
Monólogo de Candido Pazó
· Venres 23 de maio
20.00 h Casa Casares Quiroga (Panadeiras, 12)
“A vixencia da obra de Curros”, a cargo de Francisco Rodríguez
· Luns 26 de maio
19.30 h sala Marilyn do Fórum Metropolitano
Documental O decálogo do galego. Por unha nova concepción da lingua galega e coloquio ao remate da proxección, a cargo de María do Pilar García Negro
· Martes 27 de maio
19.00 h sala de cultura do Sporting Club Casino (Real, 83)
· Sábado 31 de maio
Gala final do 1º Certame de Composición Coral en Galego
Participantes: Coro Alexandre Bóveda, Coral Polifónica de Bergantiños, Coral Viladauga de Cenlle e Coro Cantabile da Coruña
Organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda
From: xico_d...@hotmail.com
To: amesa_a...@googlegroups.com
Subject: [A Mesa A Coruña:/] FW: actividade
Date: Tue, 29 Apr 2008 10:24:12 +0200