Compañeiras/os:
Poño no voso coñecemento, por se for do voso interese asistir, que mañá cuarta feira (mércores), 19 de decembro, terá lugar na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa dos Olmos, 16-18 1º andar) o
acto público de presentación do primeiro orzamento de normalización lingüística que aproba en toda a súa historia o Concello da Coruña; acto no que intervirá a propia Concelleira responsábel de Normalización Lingüística Ermitas Valencia.
O acto está aberto á participación do público, polo que mesmo podedes difundilo entre os vosos contactos, se o considerardes oportuno.
Recibide unha forte aperta,
Fran
Todo ruedas: información práctica y todo el glamour del mundo del motor.
MSN Estilo y Tendencias