Comezan os cursos de galego para inmigrantes e os celgas

0 views
Skip to first unread message

Ermitas Valéncia Romar

unread,
Aug 26, 2008, 6:55:38 AM8/26/08
to amesa_a...@googlegroups.com

Aberto o prazo para inscribirse nos cursos de galego para inmigrantes e tamén nos preparatorios para conseguir os Celga

Ofértanse 150 prazas para preparar os diferentes niveis de galego (Celga 1, 2, 3 e 4), así como para os Obradoiros de interculturalidade e lingua dirixidos a inmigrantes.
Para conseguir máis información, poden chamar ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello (981 184 259).
 

Até o 4 de setembro, está aberto o prazo para matricularse no Celga 4 que se desenvolverá na Asociación de Uruguaios "25 de Agosto" (praza do Comercio, 2, baixo). O curso comezará o luns 15 de setembro. O horario será de luns a xoves, das 18.00 ás 20.30 h.

 

O prazo para inscribirse nos Celga 1, 2 e 3 amplíase até o 12 de setembro.

 

O Celga 1 desenvolverase na Asociación de Veciños Oza-Gaiteira-Os Castros
(r. da Mercede, 51, baixo) e comezará o xoves 25 de setembro, en horario de luns a xoves, das 18.00 ás 20.00 h.
 
O Celga 2 realizarase na Asociación de Veciños Agra do Orzán (r. Entrepenas, 38, baixo). Comezará o xoves 25 de setembro e realizarase en horario de luns a xoves, das 10.00 ás 12.15 h.
 
O Celga 3 terá lugar na Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules (Campo de Marte-Biblioteca Pública). A data de comezo será o xoves 25 de setembro e desenvolverase os luns, martes, mércores e venres, das 19.00 ás 21.30 h.
 
A duración dos cursos Celga 1, 2, 3 e 4 é de 75 horas.

 

Pódense inscribir nos Celga en calquera dos tres rexistros do Concello da Coruña:

-Rexistro de María Pita (praza de María Pita, s/n)

-Rexistro da Franxa (r. Franxa, 20)

-Rexistro do Fórum Metropolitano (r. Río Monelos, 1)

Tamén no Rexistro do Edificio Administrativo de Monelos (praza Luís Seoane, s/n)

 
Os Obradoiros de interculturalidade e lingua dirixidos a inmigrantes, de 20 horas de duración, realizaranse todos os sábados, de 12.00 a 14.00 h, nos locais da Asociación AMESPA (r. Ramón Cabanillas 2, entrechán A). Comezarán o 20 de setembro. Para se inscribiren, poden chamar ao Servizo de Normalización do Concello (981 184 259) ou a AMESPA (881 912 349). Estes obradoiros consisten nunhas nocións moi básicas de galego, ademais dun achegamento a cuestións básicas non só da nosa cultura, senón tamén do funcionamento na Administración pública galega.
 
 

 

 



Instale a Barra de Ferramentas com Desktop Search e ganhe EMOTICONS para o Messenger! É GRÁTIS!
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages