resumo da última xuntanza de zona da Mesa pola NL da Coruña

1 view
Skip to first unread message

Francisco Xosé Rei García

unread,
Apr 23, 2008, 6:35:19 AM4/23/08
to amesa_a...@googlegroups.com
Prezadas/os compañeiras/os,
 
Envíovos un resumo rápido do acordado na xuntanza última da Mesa da zona da Coruña que fixemos o pasado 15 de abril. Desculpade que non vos puidese informar antes, mais xuntáronseme varias cousas e foi imposíbel: é o que ten querer andar a todo...xD
 
Falouse fundamentalmente da preparación da campaña vinculada á mobilización do 18 de maio Polo Dereito a Vivirmos en Galego e de como desenvolvela no ámbito da nosa zona: acordouse desenvolver un acto público da Mesa en favor da lingua o venres 16 de maio á tarde na Coruña, ao ar libre (preferibelmente falouse do Obelisco) ou, como alternativa, algún sitio fechado (do estilo da Fundación Paideia, na praza de María Pita) caso de non obtermos o permiso. Este acto, que serviría de apoio público á proposta de Ordenanza Municipal de Uso do Galego que está a preparar a Concellaría de Normalización da Coruña, sería ademais o "punto forte" dunha campaña de fotodenuncia que se activa na zona desde xa.
 
A campaña de fotodenuncia consiste en que cada unha e cada un de nós (loxicamente, con todas aquelas persoas ás que poidamos chegar) achegue fotos e materiais onde fique de manifesto a imposibilidade real de calquera veciña ou veciño da cidade (ou dos concellos limítrofes) poder desenvolver a súa vida en galego (por ausencia deste de determinados ámbitos da nosa vida diaria). Con todas esas fotos e materiais faríase unha presentación que proxectaríamos no acto do 16 de maio. Teríamos que conseguir, claro, cantas máis fotografías e materiais mellor (formularios, dípticos ou folletos, cartaces...), polo que se pide a todo o mundo a súa implicación na medida do posíbel.
 
O prazo inicial para recoller eses materiais todos é o 9 de maio (venres), pois a partir deste día reuniríamonos para ver que materiais temos xa recompilados e comezaríamos a preparar a presentación. Vén de activarse unha conta específica para esta campaña: fotode...@amesanl.org, por se quixerdes enviar a ela todo canto vaiades tendo.
 
O acto do 16 de maio falábamos de que comezase máis ou menos sobre as seis e media ou sete da tarde e durase máis ou menos até as 21.30: de facerse no Obelisco, consistiría nunha carpa cunha pantalla no seu interior na que se proxectarían as imaxes recollidas durante a campaña de fotodenuncia. Alén diso, estase mirando que arredor do acto haxa animación musical de rúa (a nivel nacional estanse mirando varias actuacións dos Festicultores) e se reparta material, ademais de poder ter unha mesa informativa e proceder a facer a lectura pública do texto da ordenanza municipal de uso do galego no Concello da Coruña por parte dalgún persoeiro público.
 
Como vedes, son bastantes as cousas aínda por concretar e fechar, polo que toda a axuda que poidades prestar será moi ben recibida.
 
Unha forte aperta,
 
Fran
 
 


Sigue de cerca las últimas tendencias y lo que más rompe MSN Vídeo
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages