Está aberto o prazo para os cursos de galego
Esta aberto o prazo para os cursos preparatorios do Celga que o Servizo de Normalización Lingüística impartirá nos próximos meses.
Nesta ocasión, haberá un total de 10 cursos para os niveis Celga 1, 2, 3 e 4 distribuídos por distintas entidades da cidade. Para inscribirse o prazo está aberto até o 30 de xaneiro de 2009 no Rexistro do Edificio Administrativo de Monelos. Todos os cursos comezan o luns, 9 de marzo. Para calquera aclaración poden chamar ao teléfono 981 184 259.
Adxuntos enviamos o cartaz e o diptico explicativo dos cursos.
Instale a Barra de Ferramentas com Desktop Search e ganhe EMOTICONS para o Messenger!