Conferencia de Pilar García Negro

0 views
Skip to first unread message

Francisco Xosé Rei García

unread,
Nov 23, 2007, 6:44:21 AM11/23/07
to amesa_a...@googlegroups.com
Bo día, compañeiras/os!
 
Por se é do voso interese, hoxe 23 de novembro ás 19 horas terá lugar unha conferencia de Pilar García Negro no salón de actos do Quiosco Alfonso da Coruña (no Recheo dos Xardíns de Méndez Núñez) sobre a situación do idioma na nosa sociedade. O acto está organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e servirá como encerramento dos primeiros cursos de aproximación ao galego a persoas procedentes do estranxeiro que o Concello coruñés organiza en toda a súa historia.
 
Por outra parte, penso que podemos dar por desbotada a posibilidade de poñermos un posto de material da Mesa na Festa Aniversario do Centro Social Atréu mañá sábado día 24 ao non teren aparecido persoas voluntarias para se encargaren de atendelo. Outra vez será!
 
A ver se desta volta lle imos dando vida a esta lista! Moitos ánimos e apertas e a botar a lingua fóra!
 
Fran


Tecnología, moda, motor, viajes,…suscríbete a nuestros boletines para estar a la última MSN Newsletters
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages