Remitímosvos este correo para vos informarmos de que o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña leva tempo intentando tramitar unha norma que facilite a aplicación da lexislación vixente en relación coa lingua galega. O expediente fora paralizado en varias ocasión pola Alcaldía, a pesar de ter todos os informes preceptivos, incluído o informe positivo da Asesoría Xurídica do Concello da Coruña.
No Pleno do luns 1 de marzo, o grupo municipal do BNG presentou unha moción en que se solicitaba do Pleno unha declaración a prol da promoción da lingua galega e do impulso dunha norma que facilite a aplicación da lexislación vixente.A dita moción contou cos votos en contra da gran maioría dos/dos membros do Pleno, 21 concelleiros/as fronte aos/ás 6 que votaron a favor.
Sendo coñecedores do voso compromiso coa defensa da lingua galega, xuntámosvos a Ordenanza de impulso do galego no Concello da Coruña (que, como poderedes comprobar, é unha ordenanza completamente de mínimos), para que saibades de primeira man o que sucedeu neste concello e solicitámosvos, se for posible, o voso apoio na defensa da legalidade vixente.
Quedamos ao voso dispor no 981 184 200, exts. 65603 (Nuria) ou 88314 (Antón).
Graciñas e unha aperta,
Ermitas Valencia Romar, concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Nuria Seoane Bouzas, técnica de normalización lingüística do Concello da Coruña