"Memoria do saqueo"

0 views
Skip to first unread message

Lucía Medina

unread,
Aug 1, 2012, 8:24:24 AM8/1/12
to agroecolox...@googlegroups.com


MEMORIA DO SAQUEO
Se non vistes aínda este documental, agora é o momento. E si xa o vistes, non deixedes de facer outro pase, porque os paralelismos coa situación española actual son espeluznantes!
Hai que coñecer a historia para non repetila, ou máis ben ser conscientes dela e da nosa forza para impedir que nola repitan.



Sinopse: Dende os comezos da ditadura militar, hai xa vinte e cinco anos, Arxentina e o seu pobo tiveron que enfrontarse a unha das peores crises económicas e sociais  vividas xamais por un país en periodo de paz. Exorbitantes debedas nacionais, un ultraliberalismo desalmado, a desenfreada corrupción política e financeira e o espolio dos bens públicos. Miles de novos pobres, desempregados, sen dereitos sanitarios nin educativos. Todo iso, para pagar a débeda privada das compañías multinacionais occidentais e os bancos internacionais e coa complicidade de organismos internacionais. A política de terra abrasada, representada por tipos como Carlos Menem, conduciu o país a un incrible cataclismo de fame, enfermidade e sacrificio de vidas humanas: un xenocidio social.





Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages