Rachando o xeo ...

1 view
Skip to first unread message

danDDv77

unread,
Mar 15, 2011, 7:05:09 AM3/15/11
to acorunhabikepolo
Non teño tódolos CORREOS dos que partillamos -do polo- para CONVIDALOS
a este grupo. Pódese engadir calquera -a lo menos configurei así-
anque non sei donde e como terían que facer.
Están convidados de momento: Sebas (ti que aceptaches), Carlos (da
tenda Goodies), Roberto Otero, Antonio, Sión, Dany Rojo ...mais Xaquín
e Moncho, que xa están engadidos directamente (co abuso de confianza).
Faltan a lo menos Calvete, e ámbolos dous bigotesMcQueen, o rapaz
USAniano, ...

E por certo Sebas ¿hai xa material para facer MAZAS!?. ¿Teriamos 6
para un partido completo? Eu agora teño DÚAS mazas (una longa
excéntica, e unha curta); os conos e o outro que era de Sión quedou no
Própolis. Ben sabes.

E,
para quen sinta a mente divagante, suxestiono que a poña a pensar a
procurarnos dunha pista cuberta se coñecera onde deixaran doado o
acceso para días de choiva, e/ou a explorar as posibilidades de facer
unha liga, así como a tunear-procurar material para o grupo... se
tivéramos 6 ou 8 conos, xa non se estaría obrigado a levalos sempre as
mesmas personas.

Iso así por rachar o xeo e ver que isto funciona. E por non amolar
máis xa, despídome....bai bai
baipolo je!

Daniel Rojo Varela

unread,
Mar 15, 2011, 7:46:14 AM3/15/11
to acorunhabikepolo
ese tocallo!!!
eu teño material para facer un par de mazos, pero necesito a
experiencia dos que fixeron os anteriores...
teño dous bastóns de sky e un metro e pico de tubo de 63 de diámetro
(podo conseguir mais de balde na miña obra)
a ver se quedamos para facelos
alaaaa!!!!

Moncho Vázquez

unread,
Mar 15, 2011, 8:23:53 AM3/15/11
to acorunha...@googlegroups.com
Gracias pola lista Dani. A ver se remato a bici pronto. Calvete quedou de pasarme o seu mail tamén para a lista da Masa; quen o consiga antes avisa. Vémonos

2011/3/15 Daniel Rojo Varela <rojo...@gmail.com>
--
Para mandar un mensaje a todos los miembros del grupo :: acorunha...@googlegroups.com
Para dejar de recibir correo-e de este grupo :: acorunhabikepo...@googlegroups.com
Para todo lo demás...
http://groups.google.com/group/acorunhabikepolo?hl=en?hl=en
 - - -
A CORUNHA BIKE POLO
http://acorunhabikepolo.blogspot.com/

Sebastian SS

unread,
Mar 15, 2011, 8:25:29 AM3/15/11
to acorunha...@googlegroups.com
Boas compañeiros poleiros.
 
Boa iniciativa a do google groups Dani. Eu de momento non teño o material para as mazas, mercoo ou contamos co de Dani Rojo? Seis creo que debe haber. Outro tema e o do tempo, que ultimamente escasea pola miña parte así que non sei cando poderíamos quedar para facelos. O tema dos conos hai que arranxalo dunha vez. Poñemos bote e mercamos unha cadea e un peche e os amarramos por ali, que xa esta ben de carretar con eles.
 
O tema da liga? Oxalá, pero eu creo que de momento é mellor centrarnos en xogar, perfeccionarnos, pasalo ben e conseguir xuntar a mais xente para que as tardes sexan mais entretidas rotando equipas.
E nesa liña, considero mais importante atraer a mais xente. Así que a ver cando quedamos para deseñar un carteliño ou unhas pegatas!!
O da pista cuberta... semicuberta como moito. Habería que mirar aquela que vimos cando paramos na estrada subindo o monte de san pedro, a que esta preto da ronda de outeiro antes da rotonda do pavo real.
Unha aperta!
 

 
> Date: Tue, 15 Mar 2011 04:46:14 -0700
> Subject: [ACorunhaBikepolo] Re: Rachando o xeo ...
> From: rojo...@gmail.com
> To: acorunha...@googlegroups.com

Xaquín Saurin

unread,
Mar 15, 2011, 11:06:59 AM3/15/11
to acorunha...@googlegroups.com
Boas

Onte díxome Calvete que Roberto e mais el estiveron facendo mazas e someténdoas logo a todo tipo de torturas, a modo de proba de resistencia. Polo que el dixo xa deron cun modelo que se aproxima á perfección mais que o meu esculpido corpo de atleta, que xa é.

Boa idea o da lista, listo.

X.



2011/3/15 Sebastian SS <sss_...@hotmail.com>
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages