IMPORTANTE: V.Masa.Crítica.Galega procura bike-poleiros.

2 views
Skip to first unread message

daniel de vega `danDDv77´

unread,
Sep 20, 2011, 9:55:24 PM9/20/11
to ACorunhaBikePolo [GoogleGroup]
Importante; por favor, respondede!


A V.Masa.Crítica.Galega vaise celebrar o 31 setembro 1/2 de outubro en A coruña. Ofrecéronnos ós do bikepolo ser prato forte da diversión, e como queira que fora a cousa eu dixen que non habería problema. Tanta diversión ten tamén algunha cousa seria:

· O primeiro ¿poderiamos contar con ter asegurados mazos e mazas para todas os mozos e mozas -isto é unha petición directa a Robert e Calvet -de quen non teño correo-?
· Segundo ¿atenmos ó pequeno tempo improvisado no Parque de Sta Margarida despois do xantar (unhas dúas horas entre o xantar e a masa crítica), ou plantexamos tamén unha exhibición en condición pola mañá en Adormideras -que non hai actividades especiais- (neste caso podería comentarse de palabra ó venres á xente, e habería que vencer á ciclobolinga do venres -saída de barescoa bici- que non faga mella nos xogadores).
· Terceiro: se imos adecuar a pista (p.e. xuntar 60 metros de táboas-encofrado e facer unha minipista de 20x10??) ...ou so dibuxala p. ex. no chan con cinta, etc. Agradeceríanse moito aportacións neste aspecto, que non teño nin idea.
· Cuarto: atrezzo;ocasión para mellorar os nosos estándares ¿taboleiro de tantos? ¿gong de verdade? ¿porterías de 'verdade'?

Estas decisións son nosas, dos bikepoleiros. Sabedes, eu quedei en transmitir isto 'coma coordinador do bikepolo' pero tamén comprometinme con outras colaboracións -camisolas, difusión, taller de ergonomía, etc.- e o certo é que precisa absolutamente a colaboración ...así que vós diredes tamén -sobre todo os que queredes organizar algún día algún torneo ou similar na A Coru- aquí a oportunidade de atraer a novos xogadores.


Isto é un avance e resumo da asemblea que concreta xa o contido de actividade; agardando pola acta oficial:

VENRES
Acomodo no frontón de Riazor e saída ciclobolinga
SÁBADO
Xantar de 'traje', 14:00 no Parque de Sta. Margarida
Actividades: bikepolo, bici-contacontos, talleres de ergonomía e mecánica, customización
Masa Crítica SÁBADO 1 ás 18:00 na Pza. de Mª Pita
DOMINGO
Foro das masas críticas galegas, 11:00 na R/ Barcelona 115
Ruta cicloturista polo río Mero e pícnic, 12:45 na explanada de Riazor

Máis info.
http://masacriticagalega.wordpress.com
http://bicis.info/foro


Saudetes!


--
Daniel de Vega
danDDv77

daniel de vega `danDDv77´

unread,
Sep 20, 2011, 10:46:27 PM9/20/11
to ACorunhaBikePolo [GoogleGroup]
Por certo, a pista prevista para xogar ó polo (o anfiteatro do Parque -xuto tras o Palacio da Opera) estiven a probala esta tarde e as sensacións... intermedias: non é imposible xogar, tampouco é doado de todo. A bola -a de Hockey- salta un pouquiño.

Por certo, este venres eu moi probablemente saia na bici cara á Vigo á manifa en bici do 25; a vir o luns ou martes.


bicicleta masa crítica v masa critica galega parque sta margarida pista bikepolo3_ 1280px.jpg2011/9/21 daniel de vega `danDDv77´ <dand...@gmail.com>
bicicleta masa crítica v masa critica galega parque sta margarida pista bikepolo3_ 1280px.jpg
bicicleta masa crítica v masa critica galega parque sta margarida pista bikepolo3_ 1280px.jpg

daniel de vega `danDDv77´

unread,
Sep 21, 2011, 3:23:59 AM9/21/11
to ACorunhaBikePolo [GoogleGroup]
Rectifico. A mañá do sábado ten a charla-foro (non o domingo). A acta xa está pendurada do foro.
http://bicis.info/foro/viewtopic.php?t=2193&start=30


2011/9/21 daniel de vega `danDDv77´ <dand...@gmail.com>
Importante; por favor, respondede!

Sebastian SS

unread,
Sep 21, 2011, 4:07:44 PM9/21/11
to acorunha...@googlegroups.com
Hola
 
Vaia, será un pracer botar unha man e alegrome de que incluisedes o bikepolo na axenda da masa. O tema das mazas hai que falalo con Calvete. A ver se o chamo estes dias e a ver que me di porque mazas feitas non ten, e tempo/ganas para facelas non sei eu. O de xogar en Santa Margarita non me gusta moito, e o de cercar unha pista con madeira (nada mais e nada menos que 60m) debe ser unha broma cando temola pista de Adormideras, e podemos xogar en condicions, sen que a bola escape nin ande saltando. Se ten que ser pola maña, pois pola maña, non creo que ninguen colla unha enchenta tan grande coma para non rendir o sabado o mediodia. E se non chove, a zona onde esta a praia en Adormideras tampouco e mal sitio para xantar.
 
Por outra parte dase a casualidade de que xa estou a facer unhas porterias "de verdade", pero non creo que para unha exhibicion, que a xente se anime a xogar e ver de que vai o tema, sexa preciso profesionalizarse tanto. O gong e o taboleiro son perfectamente prescindibles.
 

From: dand...@gmail.com
Date: Wed, 21 Sep 2011 03:55:24 +0200
Subject: [ACorunhaBikepolo] IMPORTANTE: V.Masa.Crítica.Galega procura bike-poleiros.
To: acorunha...@googlegroups.com
--
Para enviar unha mensaxe ós membros do grupo: acorunha...@googlegroups.com
Para xestionar a túa membresía: http://groups.google.com/group/acorunhabikepolo?hl=es
::aCorunhaBikepolo:: http://acorunhabikepolo.blogspot.com

Daniel Rojo Varela

unread,
Sep 22, 2011, 3:27:32 AM9/22/11
to acorunha...@googlegroups.com


TOU DACORDO CON SEBAS
eu tentarei arranxar os meus paos de polo....
vémonos!

Moncho Vázquez

unread,
Sep 22, 2011, 9:25:59 AM9/22/11
to acorunha...@googlegroups.com
Ola,
 
non creo que sexa boa idea cambiar o sitio. O Parque de Santa Margarida escolleuse porque ten mesas cubertas, o cal é moi importante para o xantar e as outras actividades en caso de choiva, e, o que é máis importante, escolleuse en asemblea despois de considerar outras posibilidades como as que comenta Sebas. A perspectiva da asemblea é que é importante estar xuntxs ese día, independentemente de que se participe nunha actividade ou non, e simplificar o programa e a organización (non celebrar actividades simultaneas en lugares afastados nin ter que cambiar de sitio en caso de choiva). Isto penaliza un pouco o desfrute do polo, pero como contrapartida achegao a máis persoas. 
Eu agardo xogar ese día e volver ás quedadas de Adormideras en outubro. Ciao.

2011/9/22 Daniel Rojo Varela <rojo...@gmail.com>


TOU DACORDO CON SEBAS
eu tentarei arranxar os meus paos de polo....
vémonos!

--

Sebastian SS

unread,
Sep 22, 2011, 7:25:59 PM9/22/11
to acorunha...@googlegroups.com
Se asi se decidiu, non teño mais que dicir. Eu non teño inconvinte en xogar ali pero bueno, postos a xogar, mellor e facelo nun sitio axeitado para so preocuparse de disfrutar. Evidentemente non vai ser nas mellores condicions pero para que a xente o vexa e de os primeiros pasos e mais que davondo. O que dende logo non me plantexo e o de cercar aquilo, se a bola vaise... vaise, non pasa nada. E non creo que haxa que complicarse moito co tema da organizacion do bikepolo, que si porterias, tapout, etc. Ata agora xogamos asi e nunca botamos en falta nada, asi que para un "dia dos iniciados" non creo que boten en falla nada, salvo que non haxa mazas claro :)

E si, a ver cando voltas a xogar!!

Por certo, o da viaxe a Vigo tentoume moito, pero estou por naron e esta finde espero visita familiar, desas que son veñen de pascuas en ramos. E ainda que me gustaria, non podo fallar.



Date: Thu, 22 Sep 2011 15:25:59 +0200
Subject: Re: [ACorunhaBikepolo] IMPORTANTE: V.Masa.Crítica.Galega procura bike-poleiros.
From: monc...@gmail.com
To: acorunha...@googlegroups.com
Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages