Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii,
Acabanme de chamar do dpto de RRHH de Bloomberg. A tipa dixome
literalmente que me queria facer unha oferta e empezou a describirme o
curro. Houbo un probleminha, eu estaba na rua e a comunicacion era
deficiente para ambos por mor do ruido. Asi que a tipa describeu
someramente as caracteristicas salariais, de impostos, seguro,
prestacions, do tipo de traballo (empezarei a currar desde o primeiro
dia ainda que o primeiro ano exacto vai ser, ao mesmo tempo, de
formacion), etc.
Asi que despois de escoitar todo esto pideume unha aceptacion verbal
(que e vencellante) e agora vaime enviar por correo o pack co contrato
(envioume o seu tfno. por e-mail por se tenho dubidas), deberia
recibilo manhan e asi tenho a fin de semana para lelo e para que un
amigo avogado lle bote unha ollada. Polo que tan so falta a minha
sinatura. Ainda non mo podo crer, pareceme rarisimo que o conseguira, e
so nun mes!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Espero que xa nada se
torza, porque non mo podo crer.
Pois eso. Hoxe deixo as practicas (aproveitemos estas 2 ultimas horas
para enviar mails informativos a todo o mundo jejejejejeje) e pola
noite: London's gonna burn tonite!!!!!
A que esperades para virme visitar?!?!?!?!?!?
Bicos,
Breogan
Moi ben rapaz. Xa está feito.
Agora a celebralo.
Bicos a tod@s
Ce
Perdoade os ruidos, pero hoxe durmin como un anxinho despois de tanto
tempo sen facelo con tranquilidade e despreocupado e ainda estou medio
renqueante.
O primeiro e o primeiro. Un millon de gracias polas vosas
felicitacions no google e no MSN (e as que van vir) Agradecense moito,
significan moito vindo de todos vos. Un millon de gracias e de
carinhos, guapas e guapos.
Sigamos, onte non a enganchei, non se presentou a ventana de
oportunidade. Pero hoxe sera distinto. Canary Wharf e a zona financeira
nova de Londres. Antigos peiraos depauperados, fai algo mais de 10 anos
a cidade de Londres e o goberno deron incentivos fiscais e agora parece
que o turbocapitalismo actual cagou ali, cemento e aceiro a punta pala
para construir ranhaceos que encaixan cos brazos de auga q entran na
zona, etc Todolos grandes bancos, corporacions, etc
Asi que ali van por unha pantalla enorme, enormerrima, no medio da
rua, cerca dos milleiros de bares que hai por ali e vou ve-lo partido
con dous colegas. Un deles seguramente estara celebrando unha
entrevista que fixo ali e que seguro que lle sae ben. Asi que festa.
Polo demais, cando tenha o contrato e demais detalles nas mans,
contovos. Asi, por riba, traballaria no departamento de renda fixa. Os
productos e servizos financeiros de renda fixa son hipotecas, todo tipo
de bonos, fondos de pensions, etc. Pois tenho que recopialr toda a info
sobre eles (taxas de interes, duracion, condicions de pago, prezos,
etc) para informar aos clientes. Creo que, ademais, centrareime con
penha que fala espanhol, obviamente. O primeiro ano sera, tamen, de
formacion. E se traballo ben, aos dous anos xa poderei progresar no
curro a funcions, polo que me comentaron, mais interesantes, con maior
capacidade de intervencion e de creatividade pola minha parte.
Pois eso, o resto, como xa fun contando, oficinas de puta nai,
localizacion perfecta, empresa enorme, ideal de la muerte. Ainda sigo
sen crelo.
Espero que esteades, como minimo, a metade de felices do que estou
eu. Se e asi, seguro que teredes un sorriso de orella a orella e o
nivel de endorfinas polas nubes. Jejejeje
Gracias outra vez polas felicitacions. Bicos enormes,
Breogan
PS: agora que xa estou rodando, a que esperades para vir???
Xa recibin o contrato. E un pouco conhazo de explica-los detalles (e
morro de fame, asi que toca ir comer) pero unha vez se ten todo diante,
esta bastante claro e e menos lioso do que esperaba. No pack danme toda
a info canta necesito. Tan so hai un par de cousas que tenho que reler
para aclararme sobre cuestions do seguro e demais bonuses e un par de
cousinhas mais. De todolos xeitos, o primeiro dia no curro vai ser de
presentacion e introduccion asi que, unha vez sobre o terreo, todo
quedara perfectamente aclarado.
Asi que nada. Todo ok e agora a ver cando empezo, porque eso si que
non esta claro. Manhan chamarei para que me expliquen.
Poz azi, espero que o pasarades guai esta finde, a minha foi
normalinha, coma todas, sen nada de festa (creadelo ou non)
Bicos enormes,
Breogan
FELICIDADES PEQUENO! AGORA SO ESPERA QUE O TRABALLO CHE GUSTE PERO
ESO... è secundario! :)
BEIJOSSSSSS!
Breibol a écrit :
Xa me dixo meu pai que vos vira a ti a Tito e que xa lle
comentarades. Un millon de gracias pola felicitacion.
Tes razon, o primeiro era conseguir traballo, pero e que estou case
totalmente seguro de que este me encantara, ainda que me van deslomar a
currar. Ademais, o que ofrece a propia companhia como progresion
profesional si que e moi atrctivo... xa irei contando.
O luns 19 e o meu primeiro dia, presentacion do dpto, de como
funciona a empresa, valores comuns, etc.
Estes primeiros meses vans er un tanto liosos, entre adaptarse e
buscar piso... pero por aqui estarei agardando a vosa visita.
Agora toca ir ver a panha. Viva Honduras!!!! And God bless the United
States of America!!!!! jajajajajajaja
Breogan