De Volta...

0 views
Skip to first unread message

J

unread,
Oct 20, 2006, 7:21:51 AM10/20/06
to Hominh8s de mar
Si... de volta de todo... de Volta a Lugo, de volta a vida de
estudante, de volta ao paro (esto si que é fodido...), pero ahi
estamos...
Polo resto, supoño que xa sabedes que estiven de "mozo para todo" nos
concertos de S. Froilan; hai que gañarse unhas peliñas; foron moitas
horas, acabei reventado, e non me pagaran ata decembro ou asi, pero foi
unha experiencia nova!
Dos artistas cos que estiven, o mellor concerto, para min, foron os de
Loquillo (Espectacular! que chulo é o cabrón!) e o dos portugueses
The Gift (moi moi recomendables); neste último foi patético ver a
Silvia "Superstar" rajando da cantante de Gift; "se mira como vai
vestida, se non leva suxeitador, se non sei que..." foi moi triste, en
serio, nin que ela fose Madonna!

Polo resto, ando a voltas ainda co meu proxecto de Lisboa (mira que son
cascarrabias os portus, non lle justa nada!); e esta finde vou para
casa, que os meus pais andan algo pachuchos (esto da nova autovia
resentiulles a saude...).

E a xente que?abandonou isto? eu volvo a escribir que agora xa conto de
novo ca Uni para internetizarme; como ides todos? Breo, novo piso xa?
con que vives? tes jacuzzi? barra vertical en el cuarto y espejos en el
techo? conta conta!

Un bico e abrazo para tod@s que se animen a ler isto (especialmente
para os que andan fora da terra, que non me olvido deles ainda que non
fale con frecuencia con eles!!!

SEE YOU IN THE CLOUDS!!!

Patrice

unread,
Oct 21, 2006, 6:34:30 AM10/21/06
to Hominh8s de mar
Ola nenos! pois nada eu tamén me animo, a ver si recuperamos esto. Eu
continúo en Madrid como xa sabedes. Continúo en ABC en principio ata
finais de este mes, pero o mercores pasado fixen un exame para optar a
unha praza fixa, danme a nota o luns, así que xa vos contarei. Se non,
pois a buscar outra cousa por aquí. A verdade é que por aquí estase
moi ben, a xente é súpermaja e todo, así que creo que tedes que vir
unha fin de semana para coñecelos a todos, que teño moitas ganas de
que os coñezades.

Hoxe están aquí os meus compis erasmus de Braga, así que irei a
comer con eles e a recordar vellos tempos, jeje.

Bueno, espero que escribades todos! moitos moitos bicos!
Pat.

Breibol

unread,
Oct 24, 2006, 4:01:38 AM10/24/06
to Hominh8s de mar

Nenos e nenas,

En primeiro lugar agradecer a J este revival do grupo, eres el apostol,
el salvador, el elegido.... non sei que fariamos no altermundo
cibernetico se non fose por ti... a ver se aprendedes todos hostia!!

Estou no novo piso pero non tenho internet, estou a ver se cazo unha
rede co wi-fi de xeito pouco exitoso. Ainda tardaremos un ratinho en
ponher internet. Cando tenha un momento (a ver se na finde) escribovos
mais de vagar.

Todo ben por aqui. Bastante ben.

Vou para casa o venres 17 de nov ata o luns 20. Tentade estar por ali e
correde a voz. J, a ver se desta che pillo mais tempo.

Bicos e amor para todas e todos

Breogan

miyuki chan

unread,
Oct 25, 2006, 6:29:39 PM10/25/06
to Hominh8s de mar
onte curreime aqui unha resposta bastante longa... pero claro, como
non, cando lle din a enviar algo pasou coa tecnoloxia e fodeuse o
asunto. viña dicindo que eu tamen estou nos mandriles, que xa tenho
fogar aqui e que onte mesmo atopei unha rede wi-fi aberta e aqui estou
rateando...
eu vou a casa do 9 ao 13 de novembro, asi que Breo... non te vou a ver,
outra vez será... podes pasar polos mandriles cando gustes, ti e
calquera de vos, por suposto! xa tedes a invitacion de Patri e a minha
tamen, pero é que non hai nin que decilo!
pois na rapaces, a ver si é verdade que volvemos a darlle vidila ao
asunto, porque a verdade é que no verán esto estivo máis ben
paradinho...

beijinhos

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages