Ola nenesss que tal¿? Desculpade a tardanza, pero a verdade coa calor
que fai non me daba decidido a contarvos as miñas novidades nun
loooongo post en Hominh8s... Pois ben... aquí estou despois da miña
semana e algo nos Mandriles. Cheguei, como moitos xa sabedes o domingo
pasado non, o anterior, pola mañá. Ás 10 e pico xa estaba instalada
no Hostal Bergantín da rúa Victoria (ao lado de Sol), ou sexa en
pleno centro de Madriz. E a verdade ,o hostal non era ningunha
marabilla, pero podía usurpar unha wifi dalgún veciño, así que a
soidade fíxose un pouco menos penosa. O luns pola maña ás 8.30 xa
estaba firmando o contrato no ABC, e ás 8.45 xa estaba coñecendo ao
meu xefe e compañeiros de traballo. Todos encantadores. Explicáronme
o que tiña que facer que, resumindo, é xestionar a publicidade do
periódico (só do periódico e só dos anuncios gordos, que eles
chaman "reclamos", pq os anuncios por palabras e outro tipo de
publicidade, así como os anuncios das demais publicacións do grupo
lévana outros departamentos). Iso, xestionar a publicidade dende que
chegan as ordes dende as axencias ata que os anuncios saen publicados,
e tamén controlar que cheguen os orixinais ao seu destino, e que non
haxa erros na publicación, e se os hai, falar cos comerciais para que
eles o solucionen cos seus clientes. A xestión faise cun programa
informático que é un pelin complicadillo de utilizar, pero bueno, xa
vou collendo un pouco de práctica (ademais eles saben que e complicado
para comezar), e xa me van saindo as cousas mellor. Polo demais, pois
todo moi ben, no piso por ejemplo, xenial. Instaleime o mercores
pasado, xusto fai unha semana, cunhas ganas tremendas pq o de estar na
pensión pois bueno... non mola moito a verdade... Os meus compañeiros
supermajos dende o primeiro momento, o xoves xa me fun con eles de
cañas, os seus colegas super majos tamen e todo perfecto. E pouco
máis. Logo o único interesante q fixen foi ir á manifestacion do
Orgullo Gay o sábado a tarde con eles, e pasamolo moi ben, tooooda a
tarde bailando e facendo botellon en Gran Vía!!!! (isto dixéronme que
o contase pq e algo INAUDITO! jeje) bueno, o caso e que tanto bailamos
e tanto nos movimos toda a tarde que logo tentamos sair pero non fumos
capaces...fomos cear a Malasaña e despois demos unha volta, pero as 3
ou así xa estabamos na casa. E xa está... Esta é a miña experiencia
en Madriz de momento, xa vos irei contando máis cando vaian pasando
cousas... e xa sabedes que se queredes vir a verme.... estades
invitadiiiiisimos vale???? moitos bicos neniños e neniñas. Pasadeo
ben e coidádevos!
Patri.