NOTICIAS DENDE MANDRIL

0 views
Skip to first unread message

Patrice

unread,
Jan 12, 2007, 5:40:39 AM1/12/07
to Hominh8s de mar
Ola cariños....

Cóntovos un pouco cómo vai evolucionando o meu novo curro e o que
ando a facer e tamén cando vou a London.

Pois a semana pasada, que foi cando comecei, foi un pouco stressin...
porque eran millóns de información de golpe e ademais é a primeira
vez que traballo en internet, así que bueno... un agobio, pero según
foron pasando os días foise normalizando a situación cada vez un
pouco máis e agora pois estou súper optimista co curro! O que teño
que facer básicamente, para os que non o entenderan ben aínda é, por
un lado, lidiar cos soportes de internet (portais, páxinas web, etc),
e comprarlles os espacios publicitarios para colocarlles as nosas
campañas neles. O que pasa é que a xente é moi palurda (por variar)
en España, aínda que non todos... así que lles custa bastante
entender de qué vai o tema en moitas ocasións, aínda que xa
traballen con outras empresas da competencia...:? Ben, por outro lado,
despois dese traballo "de campo" teño que facer seguimento de cómo
funcionan as campañas nos respectivos soportes, recomendarlles algúns
cambios de formatos, ou que fagan algún mailing aos seus afiliados,
etc. para optimizar así a nosa inversión neses portais ou páxinas
web. E xa está... Realmente non estou facendo gran cousa de momento,
pero só levo unha semana e isto xa ten moita pinta de ir para moi
ben... así que YUPIIII!
Por outra parte estou pensando en apuntarme outra vez a clases de
inglés, pq aínda que o levo ben e tal... aquí TODO é en inglés,
ata o windows jeje, así que bueno...
E por último a London vou finalmente a principios de febreiro, qué
che parece Breo? Teño que dicirche a data exacta pq probablemente
poida quedarme unha fin de semana tamén, así q a ver se coindide ben
e ti estás non? Tes pensada algunha viaxe para comezos de febreiro?
Bueno, de momento namais... moitos bicos moitos bicos...

Por certo, flipo con Benny DJ, e paresía parvo cando o compramos...

Bicos again....

Breibol

unread,
Jan 12, 2007, 11:07:20 AM1/12/07
to Hominh8s de mar

Olas queridas,

A primeira parte do curro (mercar espazos publicitarios) parece como o
que facias en Onda Cero, non? Aledome de que che mole...

A primeiros de febreiro mola, o certo e que vou pasa-la ultima semana
de xaneiro en New York e Princeton. Vou cunha legacion de Londres a
visitar aos xefazos e programadores para que poder botar para adiante
as nosas propostas de mellora e desenvolvemento dos productos. Asi que
de business todo o tempo; entrevistas, reunions, business plans e etcs

Asi que cando saibas algo.... dame datas e demais.

Bicos

Breogan

Patrice

unread,
Jan 12, 2007, 11:12:11 AM1/12/07
to Hominh8s de mar
Non, non ten nada que ver... isto é compra e aquilo eran ventas; isto
é internet e aquilo era radio; isto é nacional e aquilo era local...

¿algunha diferencia máis?

En canto me digan a data cóntoche.

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages