LIFE AFTER WORK

0 views
Skip to first unread message

Breibol

unread,
Jun 20, 2006, 5:17:26 PM6/20/06
to Hominh8s de mar

Nenas e nenos,


O primeiro dia de curro (onte luns), pois moito mellor do que me
esperaba. Incluso morria de ganas de volver ao seguinte dia!!!!!
JAJAJAJA

A primeira metade do dia, ata a comida (invitados pola empresa), foi
mais ben burocratica. Conhecer pormenores do seguro medico e dental,
sobre o salario, o equivalente ao IRPF, a conta bancaria, o numero da
seg social, cuestions de seguridade, manexa-lo software da companhia
(que e a ventaxa comparada de Bloomberg, o que lles fai manexa-la info
financeira dun xeito tan exitoso e enqriquecedor), etc.

Despois do lunch, unimonos cada un o noso departamento (no meu hai un
tio de Bueu!!!!!!!!!!) Tocoume no departamento de prestamos sindicados
(de recente creacion, moi atractivo e interesante e en expansion) e
asignaronme un mentor que me axudara en todalas dubidas que tenha,
desde onde esta o banho ata como se utiliza o software para buscar info
que axude a realiza-lo traballo, pasando por como enviar mensaxes, etc.
O certo e que non sei nada do que tenho que facer (ao igual que os meus
companheiros), pero para eso esa o mentor e o team leader. Ademais
insisten moito en que a formacion vai durar un ano, asi que non nos
desesperamos, porque o tema e complexo, ainda que unha vez se
interiorice, todo ira ben... pero con paciencia. Por certo, parece ser
que a formacion vai implicar unha estadia en Princeton, New Jersey, na
uni de Carlton Banks, jajajajajaajajaja!!!! Mola

Tamen, a xente e marabillosa, amabilisima, simpatiquisima, disposta a
axudarte no mais minimo, matanse porque te atopes comodo, a politica de
empresa, e claramente, que a xente estea feliz e rinda e que queden o
maximo tempo posible no curro. De feito xa nos dixeron que e do mais
normal que ao cabo de 6 meses ainda nos sintamos un pouco desplazados
pola falta de adaptacion as nosas funcions, pero que o mais normal, que
non nos preocupemos, que lle pasou a todo o mundo e que o que importa e
que vaiamos aprendendo da preparacion que eles nos ofrecen sobre a
marcha e en cursos particulares. Ademais organizan festas, partidos de
futbol, comidas xuntos... unha pasada. Por certo, e moi probable que
vaia a Gz na ultima finde de agosto porque o ultimo luns dese mes e
festivo aqui e voulle engadir un dos meus dias de vacacions, non sei se
o venres ou o martes, posiblemente o venres. Xa vos informarei.

Asi que estou contentisimo. A ver se esta semana xa me fago unha
lista de pisos que mirar.

Poz ezo, espero que todo vos vaia moi ben.

Moitos bicos,

Breogan

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages