I Evento Internacional de Arte, Redes Sociais e Web 2.0
A iniciativa do segundo ano do proxecto cultural 12 lúas é poñer a
andar a tódolas artes e artistas
pola rede. Para isto invitámovos a tod@s a este gran evento da web
2.0.
1. Requisitos para participar no 1o Evento Internacional de Arte,
Redes Sociais e Web 2.0
1.1 Ter un blog (blogspot, wordpress, etc) na que @ artista
amosará os seus traballos.
1.2 Estar nalgunha das redes sociais (Facebook, Tuenti, hi5,
etc) na que impulsará os seus
traballos como medio de expresión.
1.3 Dependendo cal sexa o seu medio de expresión deberá
figurar en algunha das seguintes
plataformas: Youtube ou Vimeo no caso do audiovisual. Para
aqueles traballos de expresión
escrita: Scribd ou Issuu. Ou Flickr tanto na expresión
plástica ou no campo fotográfico.
1.4 Tódolos traballos deben estar rexidos polas Licencias
Creative Commons.
2. Unha vez cumpridos os requisitos deberase mandar a este mail:
12l...@gmail.com os links
correspondentes para a súa comprobación.
3. Unha vez comprobados mandaráselle un mail @ artista co logo do
evento para que o colgue
nas respecitvas plataformas e publicarase no blog de 12 lúas
http://12luas.blogspot.com
4. Aquel que teña máis comentarios feitos por usuarios únicos será
publicado en tódalas nosas
redes xunto coa súa obra.
5. A data límite para participar é o 4 de outubro de 2009.
A intención de este proxecto é amosar as capacidades expositivas e
promocionais da rede en canto á
comunidade. Esperamos a vosa participación.