O pasado Xoves 6 de Marzo tivo lugar a primeira reunión do Grupo de Traballo de Bibliotecas Públicas de Anabad Galicia,
en duas horas de intercambio de opinións, suxestións e debates, os
presentes: Xoanma Lijó (coordinador do grupo), Luz Corral, Ángeles
Roca, Catuxa Seoane, Isabel Pérez, Mery Conchado e Isabel Buján trataron os seguintes puntos:
- Constitución do grupo de bibliotecas públicas, que queda integrado
polos asistentes, e aberto á incorporación de calquer bibliotecario de ANABAD GALICIA,
que se queira integrar. O grupo reuniráse sen unha periodicidade fixa,
e cando os membros do mesmo o estimen oportuno. O contacto será vía
e-mail. Establecerase contacto con persoal bibiotecario da provincia de
Pontevedra, para montar outro grupo de traballo de bibliotecas
públicas.
- O IV Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas (pdf)
celebrarase na Coruña en setembro e necesítase crear o comité local. A
través do blog da asociación convocarase a todos aqueles que de forma
voluntaria queiran cooperar na organización do evento. Fálase da
necesidade de bloquear prazas hoteleiras e de pedir ao Ministerio de
Cultura o programa provisional para poder organizar as excursións.
Comezarase a pedir presupostos de restaurantes e caterings, e a pensar
en propostas de actividades paralelas.
- Fálase da necesidade de facer un diagnóstico dos recursos humanos
nas bibiotecas da Comunidade Autónoma que permita despois facer
propostas de actuación ante as administracións, co fin de mellorar a
nosa situación profesional como colectivo.
------------------
Catuxa Seoane
http://catuxa.googlepages.comDocumentalista
Deakialli DocuMental (
http://www.deakialli.com) :: Bitácora sobre
biblioteconomía, AI y recuperación de información