Fallo no escornabot

16 views
Skip to first unread message

Lola

unread,
Oct 14, 2025, 8:31:21 AMOct 14
to escornabot_users
Bo día, estou intentando reanimar a uns escornabots. Nalgún momento teñen funcionado, mais agora non. Cando encendes dá un pitido e encéndese un led verde no arduino. Non me responden os botóns, fixen o test da botonera e o único valor que sae cando premo é o 1023 en calquera botón. 
Carguei a versión 1.4.3 pero segue igual. Modifiquei o ficheiro "Configuration.h" cambiando o pinA7 polo pin A4 e nada (todo isto porque vin estas ideas nas mensaxes do grupo)
Poderiades axudarme? 
Grazas
1000034394 (2).jpg

Rafa Couto

unread,
Oct 15, 2025, 4:44:12 AMOct 15
to escornab...@googlegroups.com
Bo día Lola,

Polo que contas dos pasos que diches para solucionar, cargaste unha nova versión do firmware e o teclado deixou de responder... Qué modelo exacto de placa tes? (mira nas inscripcións da PCB).

Por outro lado, a versión actual está na 1.7.0 e a podes descargar de https://github.com/escornabot/arduino/releases/tag/v1.7.0 No directorio "config" tes varias configuración listas para a tú placa que podes copiar directamente como Configuration.h no directorio Escornabot.

Se non das feito dinos por onde andas e seguro que hai algún grupo maker cerca de ti que che pode axudar a poñer a andar eses Escornas :)

Un saúdo,
Rafa




--
Has recibido este mensaje porque estás suscrito al grupo "escornabot_users" de Grupos de Google.
Para cancelar la suscripción a este grupo y dejar de recibir sus mensajes, envía un correo electrónico a escornabot_use...@googlegroups.com.
Para ver este debate, visita https://groups.google.com/d/msgid/escornabot_users/3a572810-f282-477f-86a8-0a1e511e39a6n%40googlegroups.com.


--
Rafa Couto
GPG key - http://bit.ly/GPG-D76ABDEC

Lola

unread,
Oct 15, 2025, 6:35:22 AMOct 15
to escornabot_users
Bo día Rafa,
Moitas grazas pola axuda. 
Coméntoche: a pcb é 1.01. Descarguei a versión 1.7.0 mais non teño claro o do Config.h pois no enlace que me dás non aparece a PCB 1.01. Eu cambie no Config.h polos valores que aparecen na carpeta do dito enlace nomeada "a4-2wires" ( a botonera ten dous cables) pero o "bicho" algo fai con algún botón (xa parece que ten  vida) pero só responde a un dos botóns e case non se move. Parece que o problema está no Config.h pero non sei.
Antes non facía nada cando pulsabas nos botóns, agora emite un pitido pero xa che digo que só se move e pouco ao presionar un deles.

Rafa Couto

unread,
Oct 15, 2025, 6:44:42 AMOct 15
to escornab...@googlegroups.com
Ese comportamento que describes é típico de ter as pilas baixas de voltaxe. Mira co polímetro a ver canto V te dá na entrada da PCB ou nos pins Vin/GND do Arduino. Debería ser > 5V ou, con esa PCB tes que cambiarlle as pilas.

O Configuration.h , se fai beep cando premes (deberían ser tonos distintos en cada botón) xa deches co correcto. Se máis dun botón dá a mesma tonalidade de son, terás que axustar os valores BS_ANALOG_VALUE_* , valores que podes obter cargando outro programa de lectura de valores de botóns.

Lola

unread,
Oct 15, 2025, 8:06:43 AMOct 15
to escornabot_users
O escornabot ten 5.64 V. Agora xa vai ao facerlle o test da botonera e cambiar os valores no Config.h

Agora teño outro problema, pois son 2 escornabots iguais. O outro non vai, facéndolle o mesmo: só se encende o diodo de PWR en verde no Arduino e os botóns non emiten pitido e estou a usar a mesma configuración que para o outro. A tensión é de 5.83V

Rafa Couto

unread,
Oct 16, 2025, 4:06:29 AMOct 16
to escornab...@googlegroups.com

Proba a intercambiar os arduino nano de escornabot para saber se falla o nano/código ou o resto da PCB. A partir de aí metémoslle man.


Lola

unread,
Oct 16, 2025, 4:12:22 AMOct 16
to escornabot_users
Bo día Rafa,
Acabo de facer o que dis é se lle poño a nano do que está funcionando (escornabot 1) ao escornabot 2, este funciona correctamente. Por certo, a nano do escorna2 ten luz L roja encendida continua, no 1 só a pwr.

Rafa Couto

unread,
Oct 16, 2025, 4:26:03 AMOct 16
to escornab...@googlegroups.com

Xa case o tes! Agora sabemos que o problema está no nano do escornabot 2. Cárgalle un firmware de blink para ver se funciona. se non funciona faite con outro Arduino Nano (están moi baratos por Ali). Se funciona o blink carga o firmware como fixeches no outro e revisa que di nas liñas de log na carga.

Lola

unread,
Oct 16, 2025, 6:48:40 AMOct 16
to escornabot_users
Xa está Rafa, 
Probei co firmware de blink e funcionaba e logo fíxenlle o test da botonera, actualizando así os valores no arquivo de configuración.
Moitas grazas (é moi grato sentirse acompañada nas "penurias")

Rafa Couto

unread,
Oct 16, 2025, 1:17:40 PMOct 16
to escornab...@googlegroups.com
Xenial! Grazas a ti por adoptar ao Escorna :)

Reply all
Reply to author
Forward
0 new messages