Primeiramente disculparme polos correos que non contestei.
Como moitos de vos xa sabedes, estamos levando adiante unha plataforma
chamada "Nais e Pais polo Ensino en Galego", que, en vinculación con "A
Mesa pola Normalización Lingüística", nun principio loita pola
galeguización das escolas infantís, máis as miras son todo o ensino.
Pois trátase de convidarvos a unha xuntanza que o vindeiro sábado día
11, ás 11 da mañán, imos ter en Vigo no local de A Mesa (Marqués de
Valadares 9-2ºAndar), e na que falaremos dos obxetivos que nos imos
poñer pro vindeiro curso, ..., así como comentar o falado coas garderías
coas que nos entrevistamos, e inda que pouca cousa, algo temos xa.
Pois o dito, agardando a vervos o sábado, que haxa saude.
--
Saude.
.....
Miñoca (Alexandre Prieto). Vigo-Galiza.
Galegos, pasadevos por "soc.culture.galiza"
http://www.arrakis.es/~minhoca (¡Manda carallo!, cousas da Galiza)
Ciberirmandades http://valbuena.fis.ucm.es/~camilor
Netscape en galego xa dispoñible-proxecto XIS: http://xis.vieiros.com
mailto:min...@arrakis.es
.....