Google Groups no longer supports new Usenet posts or subscriptions. Historical content remains viewable.
Dismiss

Ciberirmandades da fala

1 view
Skip to first unread message

Miñoca

unread,
Jan 11, 2000, 3:00:00 AM1/11/00
to
Supoño que todos coñecedes o que no seu dia foron as Ciberirmandades da
Fala. Para os que non a coñeceron, dicirvos que fumos un coñectivo de
xentes que nos organizamos pra loitar pola galeguización da rede, sendo
a nosa principal actividade a do envio de correos ás empresas galegas
que publicaban as súas páxinas en español.

Dende vai moito tempo estamos mortos.

¿Hai alguén por aí que estea interesado en retomar a actividade?

Como é posibel que se produza unha enchenta de correos (eso desexo),
pregovos que manteñamos unha conversa privada, fora de Galicia-L e de
soc.culture.galiza. Convidovos a que me escribades a min...@wanadoo.es
, e vermos de reorganizarmonos.

--
Saude.
.....
Miñoca (Alexandre Prieto). Vigo-Galiza.
Galegos, pasadevos por "soc.culture.galiza"
Nais e Pais polo Ensino en Galego: http://perso.wanadoo.es/minhoca/npeg
Netscape en galego xa dispoñible-proxecto XIS: http://xis.vieiros.com
mailto:min...@wanadoo.es
.....


0 new messages