Google Groups no longer supports new Usenet posts or subscriptions. Historical content remains viewable.
Dismiss

Outra esquerda é posible

0 views
Skip to first unread message

L@S PROGRES¡STAS

unread,
Dec 20, 2008, 9:28:09 AM12/20/08
to
Outra esquerda é posible

Se ti non, ¿quen?
Se agora non, ¿cando?

Un partido "rojiverde" necesario para o século XXI

O PSdG-PSOE está demasiado ocupado na súa loita polo centro co PP
como para tomar decisións progresistas que poidan poñer en perigo eses
votos. Aínda que acepta propostas avanzadas nas súas declaracións de
principios, non chega a concretalas realmente nas súas medidas de
goberno.

EU-IU está demasiado ensimesmada nas súas loitas internas como
para construír unha alternativa eficaz á altura do século XXI. Coa súa
actual dirección, regresa de novo a posicións dogmáticas de involución
ideolóxica en contraste coa liña aperturista que defendía Llamazares.

Os partidos nacionalistas de esquerda, como o BNG, están demasiado
obsesionados pola súa construción nacional como para non antepoñela a
calquera avance en xustiza social. O caso do BNG é o máis
desconcertante: nin sequera se presenta ás eleccións europeas
conxuntamente con outros partidos de esquerda nacionalista senón co
PNV e CiU, dous partidos claramente conservadores.

O 29 de novembro pasado quedou constituído o partido @S PROGRES
¡STAS.
@S PROGRES¡STAS queremos transformar unha actitude xenérica a
favor da xustiza social en propostas concretas, coherentes e viables.
E queremos incluír nas nosas listas para as autonómicas a persoas que
colaboren desinteresadamente en colectivos que defenden de forma
altruísta os mesmos obxectivos que nos.

Podes ver máis información en www.losprogresistas.es e poñerte en
contacto con nos en losprog...@gmail.com

Porque outro mundo é posible.

¿Crees que a esquerda necesita un novo partido que a represente
eficazmente?

¡Afíliate!

Se defendes o feminismo, o ecoloxismo, o pacifismo, o laicismo, o
federalismo, o galeguismo, unha economía social, a solidariedade có
terceiro mundo, a renda básica, os servizos públicos, a redistribución
da riqueza, a democracia participativa, o dereito a unha morte digna,
unha lei de prazos para o aborto, a liberdade, a igualdade, a
solidariedade, a república como forma de estado, a loita contra o
cambio climático, o control das ventas de armas, a redución dos
exércitos, a protección dos recursos naturais do terceiro mundo fronte
ás multinacionais, a regulación e o control do mercado por parte do
estado, a redución da xornada laboral, a reforma da lei electoral para
que cada voto valga o mesmo, os dereitos dos homosexuais, a
equiparación das parellas de feito, etc., afíliate @S PROGRES¡STAS.

L@P¡

0 new messages